GALICIA
Galicia propón un convenio con correos para que o comercio poida seguir activo
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na Conferencia sectorial de Comercio Interior, na que defendeu a necesidade de combinar as axudas económicas con medidas específicas para o comercio de proximidade
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou mediante o sistema de videoconferencia na Conferencia sectorial de Comercio Interior, presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e que se centrou na actual situación do sector en relación co coronavirus.
Na reunión, a Xunta propuxo a sinatura dun convenio a nivel estatal con Correos para que estableza condicións especiais ou bonificacións que permitan ao comercio de proximidade que así o desexe seguir activo a través da venda en liña ou telefónica. Neste sentido, Galicia defendeu a necesidade de combinar axudas económicas con medidas específicas como o convenio proposto.
No encontro Galicia tamén apoiou a publicación de protocolos para a seguridade e saúde laboral para venda en liña, venda a domicilio e venda ambulante, a maiores da guía de seguridade para o comercio que vai poñer a disposición do sector o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129