Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O GALP Ría de Pontevedra informa dos prazos de tramitación das axudas

Os GALP toman medidas preventivas ante a evolución do coronavirus COVID-19

O GALP Ría de Pontevedra quere informar de que os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos están suspendidos e que se retomarán cando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ou as prórrogas do mesmo, perda vixencia. 

 

A medida, extensible a tódolos GALP da comunidade, establece a suspensión dos prazos do procedemento de solicitudes de axudas da convocatoria 2020 para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

 

Esta entidade vén de adoptar as medidas especiais en materia de saúde pública acordadas o pasado 12 de marzo polo Consello da Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. A actual normativa habilita a adopción de medidas preventivas consideradas pertinentes ante situación de existencia ou sospeita razoable de existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde.

 

Con respecto ao traballo diario e as actividades desenvolvidas polo GALP Ría de Pontevedra as recomendacións con carácter xeral distribuídas desde a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, dependente da Consellería do Mar, establecen limitar a atención directa procurando levala a cabo vía telefónica ou a través do correo electrónico; valorar a posibilidade de aprazamento das actividades de animación, promoción, formación ou similares; procurar a celebración de reunións por medios telemáticos e reducir os desprazamentos, incluídas as viaxes previstas, e trasladar aos promotores e beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP do cumprimento destas medidas preventivas ou da súa adaptación o antes posible ás actividades que se desenvolvan en execución dos proxectos. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.