MOS
Mos pecha todos os cemiterios
Trátase dunha nova medida municipal extraordinaria para previr e conter o COVID-19 e mitigar o seu impacto
Desde o Concello de Mos infórmase de que, acordouse por resolución da Alcaldía o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas de público, abríndose unicamente nos casos de sepelios.
Todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e precintados pola Policía Local de Mos.
Tamén se elaborou un Bando para informar á veciñanza desta nova medida temporal necesaria de carácter extraordinario para previr e conter o virus e mitigar o seu impacto sanitario, social e económico.
Todas as medidas municipais emprendidas nesta situación excepcional de crise sanitaria son debidas ao avance dos contaxios polo COVID-19, para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública. E dado que o Goberno declarou o Estado de Alarma, previsto no artigo 116.2 da Constitución Española, mediante Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo de 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58