Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
CORONAVIRUS | Tui

Tui rexistra catro casos de contaxio por Coronavirus

As autoridades sanitarias veñen de confirmar ao concello de Tui que catro persoas veciñas do municipio deron positivo no test do Coronavirus. Estas catro persoas están illadas nos seus domicilios onde se adoptaron as pertinentes medidas de seguridade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e informar que o Concello ponse a disposición das autoridades sanitarias para tomar as medidas oportunas. Ao tempo, o rexedor, fai un chamamento á responsabilidade e prudencia da poboación para que continúe a respectar as medidas establecidas no Estado de Alarma.  Dende a Policía Local, conxuntamente con outros corpos e forzas de seguridade coma a Garda Civil, a Policía Nacional, ou na fin de semana unha unidade da BRILAT, estableceuse un sistema de vixilancia e información á poboación lembrando que deben permanecer nos seus domicilios, salvo para facer a compra, ir á farmacia ou a un centro médico, ou pasear o can o tempo estritamente necesario nas inmediacións do seu domicilio. Até o de agora a Policía Local trasladou xa catro denuncias ante a Subdelegación do Goberno por incumprimento da obriga de quedar na casa.

 

Lembran dende o concello de Tui que dende a semana pasada estase a levar a cabo diariamente a desinfección de espazos públicos coma as entradas ao Centro de Saúde, farmacias, supermercados, edificio xudicial, casa do concello, instalacións da policía local… así coma os contedores nas rúas.

 

Na web municipal están recollida información de interese con enlaces e teléfonos de contacto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.