Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 26 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOTOR

A electrificación nos anos 40

PEUGEOT está a apostar fortemente pola electrificación de toda a súa gama, como demostran vehículos 100% eléctricos como o PEUGEOT e-208, flamante “Coche do Ano en Europa” e o SUV compacto PEUGEOT e-2008, fabricado en Vigo

Co lanzamento do compacto urbano Peugeot e-208 e do  SUV Peugeot e-2008, Peugeot sitúase, de novo, á vangarda da tecnoloxía 100 % eléctrica, un sistema de propulsión sobre o que leva traballando décadas e ao que achegou avances que aumentaron a súa competitividade como alternativa aos combustibles tradicionais.


En 1941, Peugeot converteuse na primeira firma automobilística en comercializar un vehículo eléctrico co lanzamento do Peugeot  VLV, un  mini- cabriolet de dúas prazas e 80 Km de autonomía pensado para asegurar servizos esenciais, como Correos ou asistencia médica, nun contexto de escaseza de combustible pola Segunda Guerra Mundial. No seu desenvolvemento aproveitáronse estudos realizados por enxeñeiros da Marca nos anos 20, utilizando como base o Peugeot 201.


Este automóbil, cun deseño moi orixinal, contaba con 4 baterías de 12 V, que desenvolvían unha potencia de 3,3 CV e podíanse recargar en calquera enchufe. O  VLV tiña unha autonomía de entre 75 e 80 Km e ofrecía unha velocidade punta de 36 Km/ h, o que lle convertían nun vehículo eminentemente urbano. A pesar das dificultades no aprovisionamento de materias primas e  acumuladores, lográronse fabricar 377 unidades deste modelo, que lucía un raio no frontal substituíndo ao tradicional León da Marca. Destacaba polo seu baixo peso: cunha carrocería realizada enteiramente en aluminio, o  VLV pesaba 365 Kg, baterías incluídas. As autoridades do réxime de  Vichy prohibiron a súa produción en 1943.


Tras esta primeira incursión, a Crise do Petróleo dos anos 70 e 80 levou á Marca para recuperar os seus estudos sobre mobilidade eléctrica con modelos de serie como o Peugeot 104 ou o Peugeot 205. Estes traballos culminaron co lanzamento comercial do Peugeot 106 eléctrico, entre 1995 e 2001. Xa no século  XXI, Peugeot volveu ser un referente coa chegada do Peugeot  iOn, en 2009 e o Peugeot  Partner  Electric, en 2014.


Hoxe, froito do desenvolvemento da nova plataforma flexible  multienergía  CMP, a Marca conta na súa gama cos PEUGEOT e-208, flamante vencedor do premio ao “Coche do Ano en Europa”, e o PEUGEOT e-2008, fabricado en Vigo, que continúan a longa e intensa relación de Peugeot coa mobilidade eléctrica.

 

Peugeot
Coa súa estratexia tecnolóxica e a electrificación da súa gama, a marca PEUGEOT entra con entusiasmo na era da transición enerxética. Unha experiencia de condución intensa e tecnoloxicamente avanzada, un deseño elegante e un elevado nivel de calidade constitúen o compromiso da marca cos seus clientes e contribúen á emoción que proporciona cada PEUGEOT. Presente en máis de 160 países, con máis de 10.000 puntos de venda, a marca vendeu ao redor de 1.500.000 vehículos en todo o mundo en 2019. PEUGEOT  aúna Esixencia, Elegancia e Emoción, co obxectivo de ser a marca xeneralista de alta gama con vocación mundial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.