PROVINCIA
O plan de acción de SmartPeme para fomentar o teletraballo
A Deputación de Pontevedra prioriza o asesoramento sobre ferramentas que facilitan o traballo remoto e desenvolve obradoiros online sobre a temática
A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha un “plan de continxencia” dentro do programa de asesoramento tecnolóxico SmartPeme, ante a situación derivada polo COVID-19. A través desta acción estanse a activar iniciativas co obxectivo de fomentar o teletraballo e reforzar os asesoramentos e a formación a distancia, para así poder seguir prestando apoio ás persoas usuarias da rede á vez que se preserva a seguridade do persoal do proxecto. Estas actividades están tendo un grande éxito, superando todas as expectativas, de xeito que xa se chegaron aos 43 asesoramentos telemáticos na primeira semana en marcha, prestados a un total de 40 empresas (3 delas nunca empregaran o servizo con anterioridade), e con todos os ocos completos para o primeiro obradoiro online (de feito, a alta demanda provocou que houbese que crear unha lista de agarda).
O Plan de acción SmartPeme está baseado en catro eixos, e sempre tendo en conta que as medidas poidan variar en función da evolución da situación e das decisións que tome o Comité de Seguimento da institución provincial. O primeiro é o do reforzo ao asesoramento electrónico e telefónico. Neste eido, cómpre lembrar que SmartPeme xa ampliou o abano de posibilidades de asesoramentos telemáticos, incorporando as vídeo-chamadas ás consultas telefónicas, o correo electrónico e as privadas das súas redes sociais. O persoal de SmartPeme potencia os asesoramentos sobre temáticas que afectan as pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras por conta propia ante o coronavirus: as ferramentas de teletraballo, os servizos na nube, o servizo WhatsApp Business, redes sociais para empresa, márketing dixital, o comercio electrónico e as plataformas online de traballo en equipo, entre outras.
Para poder levar a cabo este traballo, a Deputación de Pontevedra está a dotar o persoal das ferramentas necesarias para poder teletraballar correctamente: ordenador portátil, acceso ao correo electrónico e teléfono móbil, un acceso habilitado ao sistema interno de SmartPeme e contas de Skype e Google Hangouts para poder facer asesoramentos por videoconferencia. O equipo de coordinación de SmartPeme encargarase da xestión de consultas a través de redes sociais, da atención telefónica do número xenérico do servizo ou da xestión do correo electrónico.
O “plan de continxencia” de SmartPeme revísase periodicamente en función da evolución da situación e das decisións que toma o Comité de Seguimento
Ante o suspenso das actividades formativas presenciais, a Deputación de Pontevedra desenvolve unha carteira de obradoiros que se imparten online empregando as ferramentas telemáticas habilitadas para o equipo de asesoras e asesores do programa (en concreto o programa de formación Moodle). As accións formativas, que contan con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes sociais, deseño gráfico, servizos na nube, ferramentas de traballo en equipa, ferramentas de xestión de tarefas, creación de contidos web ou posicionamento online. Tamén se aproveitan as circunstancias para revisar os contidos da carteira xeral de obradoiros, para crear novos itinerarios (enfocados principalmente ao comercio e ao sector terciario) e para organizar as actividades que se porán en marcha unha vez se recupere a actividade habitual.
Os cursos online programados para esta semana son os seguintes: “Como mellorar o footer da túa web”, o martes; “Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia”, o mércores; “Aspectos legais que toda páxina web debe ter”, o xoves; e “Promove a túa empresa a través dos stories de Instagram”, o venres. Todos eles impartiranse de 12:00 a 13:00 horas agás o xoves, de 18:00 a 19:00 horas, e para inscribirse só cómpre contactar a través das canles habituais.
En último lugar, unha ampla difusión do plan de acción enviando un boletín informativo a todos os contactos da rede (non só con contidos relativos a SmartPeme, senón tamén sobre convocatorias de axudas e información de interese derivada da situación actual), con publicacións nas redes sociais da Deputación e do servizo SmartPeme, cun banner informativo na páxina web da Deputación e chamando as persoas que xa estiveran inscritas nos obradoiros suspendidos para informalas da nova circunstancia. Esta difusión busca, tamén, aumentar o número de empresas asesoradas. Ademais, publícanse contidos na páxina web de SmartPeme relacionados coas ferramentas que facilitan o teletraballo e préstase axuda para instalalas.
O equipo de SmartPeme xa se puxo en contacto coas empresas asesoradas para realizar un seguimento e seguir impulsando a súa relación a través dos medios telemáticos, clasificándoas en base ao grao de necesidade de cada unha para establecer prioridades. Así, as que posúen unha tenda online están no nivel máis alto, seguidas das que están actualmente inactivas e precisan reforzar a presenza na rede e, nun último lugar, as que acoden por aumentar a súa capacitación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149