Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 26 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
ACTUALIDAD

Os Xornalistas piden axudas ao Goberno

Cren necesarias medidas extraordinarias para soster o xornalismo durante a crise do coronavirus Covid-19

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas enviou unha carta á Secretaría de Estado de Comunicación solicitando ao Goberno que adopte medidas extraordinarias para soster o xornalismo durante a actual crise do coronavirus. A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas insta o Goberno a que aprobe urxentemente un paquete de axudas destinado a garantir o exercicio do dereito á información. As empresas e os profesionais da comunicación, cuxo traballo é sempre decisivo pero resulta aínda máis relevante nestes días de crise sanitaria e que constitúen ademais o principal instrumento público de loita contra a desinformación, aproxímanse a unha situación límite como consecuencia do afundimento do mercado publicitario e da redución da actividade económica. 

 

A evidencia de que esta situación excepcional vaise prolongar durante semanas desatou a alarma entre os profesionais do xornalismo, moitos dos cales están a tomaren riscos estes días para garantir o exercicio do dereito á información de todos os cidadáns. As empresas para as que traballan empezan a preparar planos de regulamento de emprego e deixaron de contar con moitos colaboradores, medidas que sen dúbida terán consecuencias sobre a calidade e a intensidade da información que desde hai días se esforzan en seguir ofrecendo, en moitos casos de forma gratuíta. Por esta razón, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera que se non se tomaren medidas urxentes a información sufrirá serias consecuencias nun momento no que é máis esencial que nunca.

 

Por todo iso, a Rede solicita ao Goberno de España a adopción de medidas vinculadas ao mantemento do emprego no sector da comunicación e a información así como ao sostemento do traballo dos autónomos que prestan servizo nos medios, un colectivo desgrazadamente cada vez máis numeroso. Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas puxo a disposición do Executivo a súa experiencia, a súa infraestrutura e o seu coñecemento da situación para contribuír á preparación dos planos de axuda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.