Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Os pacientes do Rosal con sospeita de COVID-19 centralizaranse no centro de saúde da Guarda

Con motivo do COVID-19, o Sergas vén de reorganizar a asistencia de atención primaria para centralizar en determinados centros de saúde a atención aos pacientes con sospeita de padecer infección respiratoria por coronavirus. Con esta reordenación trátase de ofertar unha atención máis eficaz e resolutiva á veciñanza, ao tempo que se intenta protexer e preservar a saúde dos equipos de profesionais fronte ao coronavirus. No caso do Rosal, os pacientes con sospeita de padecer COVID-9 serán centralizados no centro de saúde da Guarda.


Este centro de referencia para o COVID-19 ao que serán derivados conta cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual (EPI’s) que coordinará a dispoñibilidade permanente deste equipos, necesarios para a atención deste tipo de pacientes, que se utilizarán conforme ao protocolo do Servizo de Medicina Preventiva da área.


A cidadanía debe chamar por teléfono
Nesta fase de contención da epidemia para evitar as concentración nas salas de espera e os contactos entre usuarios e usuarias nos centros sanitarios, a autoridade sanitaria da Área de Vigo ten promovido a modalidade de atención non presencial, que é a consulta telefónica.


Así, os usuarios deben chamar por teléfono ao seu Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada antes de achegarse ao mesmo. Serán os profesionais os que, se o consideran necesario, indicarán a realización da proba diagnóstica do coronavirus.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.