Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 31 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O laboratorio de Mouriscade prioriza as análises microbiolóxicas e de augas

O traballo neste centro esencial da Deputación de Pontevedra execútase extremando as medidas de hixiene e distancia entre persoas

A Finca Mouriscade da Deputación de Pontevedra mantén a actividade e continúa a executar as súas funcións con normalidade, priorizando análises microbiolóxicas e de augas fronte a nutricionais. Ata o momento, non houbo incidencias e estanse a extremar as medidas de hixiene e a distancia entre persoas para garantir a seguridade do persoal que segue a prestar os seus servizos no centro (a xefa de servizo, tres técnicos de laboratorio e un administrativo).

 

Tendo en conta a situación de crise sanitaria, detectouse unha diminución das mostras de entre o 40 e o 60%, e marcáronse como prioritarias as análises microbiolóxicas fronte ás nutricionais. O laboratorio continúa analizando ensilados, pensos e materias, así como augas, identificando xermes en leite, análises de microbioloxía de ensilados e control de calidade das materias primas. Con todo elo, se segue a dar servizo aos sectores produtivos como ás gandeiras e gandeiros, persoal técnico e fábricas de pensos.

 

En canto ás medidas de hixiene e desinfección, ao chegar as mostras, que habitualmente veñen embaladas en bolsas de plástico ou caixas de cartón, son pulverizadas cunha solución desinfectante. Tamén se está a extremar a limpeza de todas as superficies de contacto, mesas, manillas de portas, así como a hixiene e seguridade persoal, seguindo o protocolo de limpeza de mans estipulado e empregando materiais de protección persoal.  Ademais, estase a seguir as directrices relativas á distancia entre persoas, para garantir a seguranza do persoal que presta os seus servizos en Mouriscade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.