GALICIA
As empresas funerarias reforzan as medidas de prevención ante contaxios por coronavirus
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe novas directrices para o tratamento de cadáveres e para a actividade dos tanatorios, froito das conversas mantidas por representantes do sector coa Xunta de Galicia
As empresas do sector funerario de Galicia adoptarán dende hoxe novas medidas de prevención para combater o contaxio por coronavirus, de xeito que reforzarán as que xa viñan poñendo en marcha dende a declaración da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o pasado 13 de marzo de 2020.
Neste senso, o Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe unha batería de directrices que afectan ao acondicionamento dos cadáveres, á concentración de persoas nas instalacións do sector e nas comitivas de acompañamento, ao aprazamento de ceremonias, ás restricións das actividades complementarias e tamén á posibilidade de levar a cabo enterros ou incineracións ‘express’.
Deste xeito, un primeiro capítulo das medidas é o relativo á preparación dos cadáveres, a respecto da cal a Xunta de Galicia decreta a suspensión da realización de actividades de tanatopraxia (embalsamamento e conservación temporal), incluíndo a tanatoestética. Tamén nese ámbito, as autoridades sanitarias de Galicia contemplan a posibilidade da utilización dun dobre sudario de plástico como alternativa para aquelas empresas que non dispoñan dunha bolsa sanitaria estanca autorizada para tal fin, conforme ao protocolo estipulado polo Ministerio de Sanidade.
En segundo lugar, tamén se inclúen novas restricións no número máximo de persoas que participen tanto na vela de cadáveres como nas comitivas de acompañamento. Deste xeito, nunha sala de velatorio nunca poderá haber simultaneamente máis de oito asistentes, quen, ademais de respectar unha distancia mínima de dous metros entre elas, deberán absterse de manifestar as súas condolencias con calquera práctica que implique contacto físico (apertas, bicos ou apertas de mans). A raíz desta nova normativa, queda prohibida a asistencia de cidadáns que presenten síntomas respiratorios de calquera clase, ao tempo que se introduce a obrigatoriedade de lavar as mans con auga e xabón ou con solución desinfectante con carácter previo ao acceso ás instalacións funerarias, así como despois do uso do libro de pésames e dos aseos.
O número máximo de acompañantes nos cortexos fúnebres redúcese das 25 ás 20 persoas, mentres que nas salas de velorio só poderá haber un máximo de oito acompañantes, quen evitarán transmitir as súas condolencias con apertas, bicos ou apertas de mans
No que respecta ás comitivas de acompañamento para a inhumación ou despedida de incineración, a asistencia a estes trámites queda restrinxida a un volumen máximo de 20 persoas, que, ao igual que nos velatorios, deberán respectar igualmente esa distancia mínima de dous metros entre elas e evitar calquera contacto físico para transmitir as súas condolencias.
Por outra banda, o Acordo tamén decreta o aprazamento das cerimonias de culto relixiosas ou cerimonias civís fúnebres, unha medida que complementa a outras adoptadas, como o peche do servizo de cafetería ou restauración asociado a un establecemento fúnebre, ou a ratificación da posibilidade de realizar enterros ou incineracións ‘express’, mediante a cal se permite que se leven a cabo este tipo de trámites sen esixir que transcorra un período mínimo de 24 horas dende o falecemento.
Este conxunto de novas directrices, que vén de publicar a Xunta de Galicia logo de conversas con representantes de FEGASERFU (Federación Galega de Servizos Funerarios) e AGESEF (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios), entran hoxe en vigor e serán de obrigado cumprimento con independencia de cal sexa a causa de falecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149