REDONDELA
A Xunta remítelle ao Concello o convenio de colaboración para a reforma da Avenida de Mendiño
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, trasládalle tamén á alcaldesa, Digna Rosa Rivas, o proxecto definitivo para impulsar a humanización da estrada PO-363 ao seu paso polo centro do municipio
A Xunta vén de remitirlle ao Concello de Redondela unha proposta de convenio de colaboración para impulsar a execución da reforma e mellora da seguridade da estrada PO-363, ao seu paso polo centro do concello.
A Xunta agarda que o Concello de Redondela axilice ao máximo a resposta o convenio e a consignación presupostaria necesaria para poder licitar e adxudicar as obras no menor prazo posible.
Trátase de dar resposta á demanda do Concello de Redondela para a humanización dun tramo dun quilómetro desta vía de características marcadamente urbanas, que coincide coa Avenida de Mendiño, e que ten un investimento estimado de 1,6 millóns de euros.
Nunha carta remitida polo director da Axencia Galega de infraestruturas, Francisco Menéndez, á alcaldesa, Digna Rosa Rivas, trasládalle tamén o proxecto definitivo redactado polo departamento da Xunta, no que grande parte do investimento se corresponde con servizos urbanos de titularidade municipal.
A base de colaboración económica proposta no convenio establece unha achega de 433.000 euros por parte do Concello, que se corresponden coas partidas de renovación das redes de saneamento e abastecemento e ao 50% da partida de renovación do alumeado e semaforización. Esta fórmula de colaboración xa se utilizou para impulsar a primeira fase da humanización da PO-323 executada pola Xunta de Galicia en Chapela.
A Xunta agarda que o Concello de Redondela axilice ao máximo a resposta o convenio e a consignación presupostaria necesaria para poder licitar e adxudicar as obras no menor prazo posible
O director da Axencia Galega de Infraestruturas amósalle deste xeito á rexedora municipal a disposición da Xunta de iniciar o procedemento para a contratación das actuacións prevista no treito Redondela-Praia de Cesantes, tras recibir a conformidade do Concello e a consignación orzamentaria do cofinanciamento municipal.
Cómpre sinalar que esta intervención permitirá optimizar a circulación por esta vila e o acceso a múltiples servizos públicos que se atopan na contorna.
O primeiro treito, ata o centro de saúde, concentra a renovación máis intensa, xa que se ampliarán as beirarrúas con acabados en granito, se sobreelevarán os pasos de peóns, así como as canalizacións do abastecemento e saneamento.
Neste tramo tamén se reordenarán os cruces e se habilitarán os cambios de sentido necesarios no centro de saúde e centros educativos.
No intervalo ata o peirao estenderase unha nova capa de rodadura, melloraranse as interseccións e colocarase nova sinalización horizontal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149