• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 29 de Octubre de 2026

Actualizada Jueves, 29 de Octubre de 2026 a las 12:25:07 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos fija los precios de la escuela infantil de O Rebullón

      Mos fija los precios de la escuela infantil de O Rebullón

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas convertirá el viejo mercado en una biblioteca de 2.500 metros

      Ponteareas convertirá el viejo mercado en una biblioteca de 2.500 metros

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • O Rosal estrena camión eléctrico para biorresiduos vegetales

      O Rosal estrena camión eléctrico para biorresiduos vegetales

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona convoca adornos navideños gigantes con material reciclado

      Baiona convoca adornos navideños gigantes con material reciclado

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • 44 actividades acercarán la ciencia a las bibliotecas gallegas en noviembre

      44 actividades acercarán la ciencia a las bibliotecas gallegas en noviembre

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Domingo, 29 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

Manuel Reigosa: “Imos intentar, se é posible, que o curso académico remate en prazo”

Na sesión, o reitor agradeceu o traballo de toda a comunidade universitaria e apelou á flexibilidade

“Temos que aproveitar esta crise para saír máis fortalecidos e temos que dar exemplo como institución pública e facer o posible para que o sufrimento das persoas sexa o menor posible”. Con estas palabras comezaba  o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, a súa intervención na primeira sesión virtual que celebra na súa historia o Consello de Goberno da institución académica viguesa. A excepción do reitor; do secretario xeral, Miguel Ángel Michinel e do vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos, que asistiron en persoa á sesión no paraninfo do edificio Ernestina Otero, o resto de integrantes do órgano de goberno participaron na reunión de xeito virtual a través do Campus Remoto. Algo máis de tres horas e media durou unha sesión, na que, aínda que se deron luz verde a cuestións como o límite de prazas nas titulacións do vindeiro curso; á PDA; ás axudas de investigación; ou ás normas de elaboración do POD, a situación de excepcionalidade que se está vivir por mor do coronavirus marcou o desenvolvemento da sesión, desde o principio ao fin.

 

Así, o reitor, mesmo antes de dar conta do seu informe, dirixiuse ás e aos asistentes para avanzar que o equipo de goberno non vai promover expedientes de regulación de emprego ,“aínda que pode ser posible que nalgún momento sexa recomendable facer algunha suspensión de contrato, pero este equipo non o vai promover. Polas nosas contas saneadas podemos permitirnos algún esforzo para que as persoas sufran o menos posible”, dixo o reitor, que mesmo apuntou que están a negociar coas empresas coas que traballa a institución para que non fagan ERTES e poidan seguir a prestar servizos mínimos.

 

A continuación Reigosa manifestou o seu orgullo polo comportamento dos membros da comunidade universitaria nesta pandemia. No caso do PDI, pola súa excelente resposta ante o requiremento de equipamento (PCR) e material sanitario realizado pola CRUE e “ao que o primeiro día xa respondemos cunha listaxe importante de material, que se recollerá en próximos días”. Sobre o PAS, o reitor destacou o seu esforzo por “desde a casa e sen unha preparación específica, estar cubrindo todas as necesidades que ten a Universidade”. E no caso do profesorado, Reigosa tamén gabou o seu traballo para cubrir a docencia e “que o curso non se perda e o alumnado reciba a docencia máis acaida e sexan quen de salvar o curso”.

 

Intentar que o curso remate en prazo e reprogramacións consensuadas coas direccións dos centros

Manuel Reigosa lembrou as actuacións que ao longo das últimas semanas se levaron a cabo na Universidade para frear e minimizar o impacto do Covid-19 e que arrancaron a finais de febreiro coa creación dunha páxina con información sobre o virus e o inicio da actividade, o 2 de marzo, do Comité de seguimento do Covid-19, que ata o de agora celebrou catro reunións. A suspensión das actividades lectivas presenciais e a posta en marcha da docencia en liña (13 de marzo); o peche temporal da instalacións, centros e servizos (14 de marzo); ou o inicio do período de probas das aulas virtuais en directo e da docencia virtual a través de Campus Remoto (23 de marzo), foron algúns dos feitos destacados polo reitor, en relación coa actuación da institución académica co gallo da pandemia.

 

“Nós imos intentar, se é posible, que o  curso académico remate en prazo”, asegurou hoxe Reigosa, mais coa incerteza de non saber que vai ocorrer en próximas semanas, o reitor explicou que o equipo de goberno contempla varios escenarios. “Sendo realistas cabe pensar que a volta ás aulas será o derradeiro nivel dentro da crise (haberá outros sectores que volvan antes). Entón nós traballamos con dous escenarios, un, que isto se prolongue durante un tempo e que se poida, sen facer modificacións de calendarios, tanto a docencia como a avaliación, e outro pensando en que haxa que prolongar o curso académico”, explicou Reigosa. O reitor sinalou que calquera decisión que se tome será de acordo coas direccións dos centros porque,“na reprogramación do curso temos que ir todos a unha, os cambios na docencia teñen que facerse a través das direccións dos centros e así o imos facer. Xa están creadas todas as aulas virtuais que nos pediron os equipos decanais, segue o curso intensivo de FaiTIC, que é a ferramenta que utilizan moitas persoas, e as curvas que amosan o seu uso, confirman que o PDI está a facer o traballo que se lle pediu  e tamén se está a facer docencia virtual a través de Campus Remoto”, detallou o reitor.

 

Tras apelar á flexibilidade para entrontar esta crise, Reigosa confirmou en relación coas aulas virtuais en directo, que desde agora e ata Semana Santa se realizarán probas de carga e se analizará ata que punto cómpre reforzar os sistemas técnicos.

 

Límite de prazas de titulacións e declaracións de interese

As e os integrantes do Consello de Goberno aprobaron na sesión de hoxe os límites de prazas de titulacións de grao e mestrado para o vindeiro curso. No caso dos graos, as principais modificacións, respecto deste curso, son as derivadas da aparición dos graos abertos (PCEO Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática; PCEO en Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica e PCEO en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática) con seis prazas cada un e a conseguinte perda de prazas nos graos que se imparten na EE Industrial (Enxeñaría Biomédica : -6; Enxeñaría Mecánica: -12; Enxeñaría en Tecnoloxía Industriais en castelán: -8 e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática: 9). Pola súa banda, os graos abertos en Humanidades; Ciencias e Enxeñaría (Ourense), ofertaríanse con 10 prazas cada un. Así mesmo, incrementan as súas prazas os graos en Comunicación Audiovisual (de 45 a 50) e Informática (de 110 a 136).

 

Por outra banda, aprobáronse as declaracións de interese de novas propostas de graos para o curso 2021-2022 dos graos que estaban dentro de acordo do SUG de xullo do ano pasado: Grao en Relacións Internacionais; Grao Dual e en Enxeñaría da Automoción; Grao en Filoloxía Aplicada Galego Española, mentres que o grao da Escola de Informática en Ciencia de Datos e Intelixencia Artificial foi informado desfavorablemente pola COAP.  

 

PDA, normas de elaboración do POD e para a contratación de profesorado axudante doutor

Na sesión celebrada hoxe, aprobouse a Programación Docente Anual (PDA) de grao para o vindeiro curso con 22 votos a favor, sete  en  contra e tres abstención, unha programación que non introduce novidades respecto da actual, coa salvedade de que o único curso novo o ano que vén, que é terceiro de Enxeñaría Biomédica, precisamente centrou o debate sobre a asignación da docencia, o que obrigou a votar o punto. Así mesmo, tamén se  aprobaron as normas de elaboración do POD, no que se avanza na regulación da incorporación de investigadores ao POD e introdúcese a recomendación de ter en conta temas de conciliación na asignación da docencia.


Por outra banda, por 32 votos a favor, seis en contra e tres abstencións deuse luz verde a unha nova normativa para a contratación de profesorado axudante doutor. Segundo explica Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado “ata o de agora a contratación de axudantes doutores eran parte da elaboración de POD. Queremos desligar estes dous temas, xa que non ten sentido definir necesidades de profesorado consolidable en base a unha planificación (POD) que é so para o curso seguinte. Pretendemos que estea ligada ao cadro teórico de PDI. Ademais, reláxanse as condicións para xerar prazas de profesorado axudante doutor nos departamentos”.

 

Axudas de investigación da UVigo para o vindeiro curso e outros asuntos

Con relación as axudas de investigación, que hoxe foron aprobadas por asentimento, a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, sinala que “en realidade non hai ningunha novidade máis alá de que se recuperaron todas as que houbo en ocasións anteriores, tal é o caso da axuda á reparación de equipamento científico, que o ano pasado non saíra. Os cambios con relación as do ano pasado céntranse só nas de mobilidade, e no xeito da avaliación, que se simplificou e cambiou un pouco o baremo. Ademais neste caso volveuse as contías dos anos anteriores, 20.000 € para bolsas de viaxes e 60.000€ para estadías, que o ano anterior baixaranse un pouco”. O total de axudas ascende a uns 250.000€, sendo Vigo unha das poucas universidades que ofrecen axudas aos investigadores.

 

En relación co PCEO ADE-Informática confirmouse que a Universidade segue á espera da resposta da Secretaría Xeral de Universidades ás cuestións que o Consello de Goberno acordou enviarlle na súa anterior sesión. O director do centro informou que nunha reunión co secretario xeral de Universidades este se lle confirmo que non había problema en realizar a solicitude aínda que non lle avanzou nada sobre a decisión que se tomaría ao respecto. Na sesión de hoxe, acordouse realizar a solicitude, aínda que o reitor lembrou que “pode ser un risco  se a Xunta o aprobe, aínda que se di que non se pode manter de forma local”.

 

Por outra banda, na sesión de hoxe se aprobou a autorización excepcional de participación en tribunais de tese por videoconferencia e os prezos das residencias para o vindeiro curso.

 

Noticia anterior:
O aeroporto de Vigo reforza a súa oferta estival con Air Nostrum
Noticia siguiente:
355 denuncias en Vigo por incumprir o confinamento
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

A vacina da gripe sen picada chega a 75 colexios galegos

A vacina da gripe sen picada chega a 75 colexios galegos

Minuto de silencio por las víctimas de Urda

Minuto de silencio por las víctimas de Urda

Provincia

La Xunta renueva el firme de siete carreteras del área de Vigo

La Xunta renueva el firme de siete carreteras del área de Vigo

El PSOE pide a la Deputación que financie vivienda pública para los concellos

El PSOE pide a la Deputación que financie vivienda pública para los concellos

Deportes

Vilagarcía acoge la lucha por los títulos de 470 y 49er

Vilagarcía acoge la lucha por los títulos de 470 y 49er

Villaverde sigue al timón de la vela gallega

Villaverde sigue al timón de la vela gallega

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

Motor

Alpine rescata su icono A310 con un prototipo retrofuturista

Alpine rescata su icono A310 con un prototipo retrofuturista

Salud

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

Turismo

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

O aeroporto de Vigo reforza a súa oferta estival con Air Nostrum

355 denuncias en Vigo por incumprir o confinamento

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder