MOS
COGAMI mantén contacto continuo coas persoas usuarias dos centros de recursos de Mos
Tralo peche forzoso dos centros de recursos pola alarma sanitaria do Coronavirus, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade mantense o contacto vía telefónica e Whatsapp coas persoas usuarias
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) pechou ao público dende que o Goberno decretou o estado de Alarma. Esta situación non permite o contacto presencial pero si está a disposición das persoas con discapacidade tanto a través do teléfono 981 574 698 como a través do mail correo@cogami.gal.
As 45 persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos están agora nas súas casas, pero isto non significa que estean inactivas. Todas as persoas usuarias de Mos son contactadas a diario polo persoal do centro, para coñecer como están pasando esta situación excepcional, cales son as necesidades que teñen e, en caso de telas, dende COGAMI estase en contacto directo cos servizos sociais dos concellos para poder dar resposta a estas necesidades.
Estanse facendo, polo tanto, seguimentos a persoas que viven soas e que precisan apoio nos domicilios, e dende a Organización queren agradecer especialmente o apoio que están a recibir dende Protección Civil, organismo que colabora estreitamente a favor das persoas usuarias de COGAMI.
Tamén os profesionais do centro traballan nun plan de actividades para que as persoas do centro poidan, dende as súas casas, continuar coas tarefas que a diario realizan no centro e poder levar unha mellor estadía de encerro nos seus domicilios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58