TOMIÑO
A asociación VONTADE establece contacto continuo coas persoas usuarias do centro
Tralo peche forzoso dos centros de atención a persoas con discapacidade pola alarma sanitaria do Coronavirus, dende a asociación VONTADE establecen contacto telefónico coas persoas usuarias
A Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) mantén pechadas as instalacións pero non deixa de prestar servizo ás persoas usuarias.
Esta entidade, da comarca do Baixo Miño, continúa prestando servizos ás súas persoas usuarias mentres están nos seus domicilios, co fin de crearlles unha rutina de actividade e que non caian no aburrimento.
Dende VONTADE manteñen contacto telefónico frecuente tanto coas persoas usuarias como tamén coas familias, para coñecer se teñen algunha dificultade e tamén para remitirlles exercicios de mantemento, co fin de que non perdan as habilidades adquiridas durante todo o ano ou para que non retrocedan os casos nos que teñen enfermidades dexenerativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171