Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 31 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos crea un equipo especial de desinfección para actuar nos casos de COVID-19

Ante a evolución do virus COVID-19 o Concello de Mos reforza esta semana o plan de desinfección de zonas urbanas e fontes que xa tiña en marcha.


Ao labor diario da empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza e ao equipo de 9 operarios de Vías e Obras e limpeza viaria do Concello nos que recaía a tarefa da desinfección de fontes, súmanse agora a este equipo 3 conserxes máis, sumando 12 traballadores; e un novo equipo que se pon en marcha, integrado por 4 membros do Servizo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil de Mos, que procederá á desinfección especializada de vivendas nas que se detecten casos de coronavirus confirmados.


Este equipo especializado de 4 integrantes realizará, cando sexa necesario, labores de desinfección especial a levar a cabo nas zonas comúns (como escaleiras, ascensores, etc...) de edificios nos que exista algún caso de paciente/s infectado/a/os/as, e no perímetro exterior das vivendas unifamiliares nas que existan enfermos/as.


Para elo os 4 membros deste equipo irán uniformados con traxes especiais e instalarán unha estación de descontaminación no exterior do inmoble pola cal accederán á área de actuación e desinfección. Unha vez na área de acción, proceden á limpeza e desinfección e, tras rematar a tarefa, saen a través da estación de descontaminación onde se descontaminan para a continuación regresar á base, onde volven a comprobar todo o material utilizado.


Por outra banda está o equipo de limpeza e desinfección de fontes, que a semana pasada procedeu a desinfectar un total de 52 fontes nas 10 parroquias do municipio. Trátase das fontes máis utilizadas e frecuentadas de cada parroquia.


A semana pasada este equipo estaba integrado por 9 operarios municipais e hoxe incorporáronse ao mesmo 3 conserxes máis, formando un equipo de 12 persoas que traballa por parellas.


Esta semana comezarán co repaso da limpeza e desinfección das 52 fontes realizadas a semana pasada, para evitar contaxios nesas zonas.  Ademais iniciarán tamén labores de desinfección das marquesinas de transporte público xa que o Bus Urbán de Mos e o Intermunicipal da Xunta continúan operando con algunhas liñas para cubrir servizos mínimos.


Estes 12 traballadores repartiranse por parellas para realizar os seguintes labores:  2 parellas farán a limpeza e desinfección de fontes, 2 parellas a de marquesinas, e 2 parellas a desinfección de locais abertos para atención e servizo ao público (farmacias, alimentación, panaderías, quioscos, estancos...) en colaboración e coordinación coa empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza.


Para estas últimas zonas, nas que se atopan locais comerciais abertos e prestando servizo ao público, elaborouse unha listaxe para establecer prioridades, de xeito que nas zonas máis urxentes actúa a empresa de limpeza e no resto o equipo de traballadores municipais.


Neste senso desde o Concello de Mos infórmase de que todos estes traballos iranse repetindo coa máxima periodicidade posible, é dicir, unha vez rematadas as desinfeccións realizaranse repasos periódicos puidendo incluso incorporar novas zonas e lugares a desinfectar.


Insístese ademais desde a administración local en que todos estes labores realízanse en total coordinación e cooperación entre Concello, Servizo de Emerxencias, Protección Civil e Urbaser (empresa de limpeza) apoiándose e reforzándose mutuamente.


Por último comunicar que sobre todos estes traballos emítese un informe municipal diario a modo informativo e para que quede constancia oficial da realización dos mesmos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.