Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 30 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha outros catro novos obradoiros online

Entre o 30 de marzo e o 3 de abril estarán dispoñibles cursos sobre xestión de redes sociais, ferramentas de xestión de tarefas ou creación de contidos web

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, o seu programa de asesoramento tecnolóxico, ofertará a próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online.

 

Debido ao suspenso das actividades formativas presenciais, a Deputación está a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten online empregando as ferramentas telemáticas habilitadas para o equipo de asesoras e asesores do programa (en concreto o programa de formación Moodle). As accións formativas, que contan con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes sociais, deseño gráfico, servizos na nube, ferramentas de traballo en equipa, ferramentas de xestión de tarefas, creación de contidos web ou posicionamento online. Os cursos online programados para esta semana, todos en horario de 12.00h a 13.00h, son os seguintes:

 

  • Luns 30 de marzo: "Así funciona Whatsapp Business", impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia e especializado en sistemas informáticos.

 

  • Martes 31 de marzo: “Ferramentas de chat e atención ao cliente”, impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa.

 

  • Mércores 1 de abril: “Que imaxe dou co meu Instagram”, impartido por Lara Taboada, titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

 

  • Venres 3 de abril: “Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades”, impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña e posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

 


Para inscribirse en calquera das catro actividades que se van desenvolver esta próxima semana só cómpre contactar a través das canles habituais de Smartpeme, podendo atopar máis información na súa páxina web (https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.