PONTEAREAS
Medidas excepcionais do servizo municipal de augas de Ponteareas
A concellería de Benestar Social e Igualdade adianta que non se realizarán cortes no subministro por impagos
O Concello de Ponteareas informa das medidas adoptadas pola empresa xestora do servizo municipal de augas, VIAQUA, con motivo do estado de alarma. No marco desta situación temporal ampliarase o período de pago voluntario e non se executará ningunha acción de reclamación de recibos unha vez teña vencido o pago.
Ademais, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, informa que non se executarán as accións derivadas de reclamacións en curso nin cortes de subministro por impago quedando anulados ata novo aviso.
Tamén quedan suspendidas as reclamacións vía telefónica e paralízase a presentación dos expedientes por vía xudicial e a execución de sentencias.
O servizo municipal de auga desenvolverá traballos básicos que inclúen as operacións de prestar servizo a novos solicitantes domésticos que o requiran e causas urxentes. Os teléfonos de atención ao cliente non presenciais son para as avarías o 900 201 250 e para atención aos clientes o 900 201 230.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163