O CONDADO
O BNG lamenta a tardía actuación na Residencia de maiores de Crecente
O Bloque ponse ao servizo do goberno da localidade ante a crise do coronavirus
O BNG de Crecente manifesta o seu máis sincero apoio a todas as medidas tendentes a resolver a crise sanitaria do coronavirus, e ponse ao servizo do goberno local para o que sexa necesario coa finalidade de traballar para pór fin a esta situación.
Así mesmo, o portavoz do Bloque na localidade, Benigno López, manifesta que “as medidas adoptadas dende o Concello e dende a Xunta foron tardías e claramente insuficientes, tal como demostran as cifras de 27 persoas contaxiadas polo COVID-19 que veñen de producirse na Residencia San Pedro de Crecente”.
A formación nacionalista relata que “o 18 de marzo, tivemos coñecemento de que a empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Crecente tiña intención de deixar de prestar o servizo debido á falta de material de protección como mascaras ou luvas, manténdoo só ás persoas máis necesitadas.” A raíz disto, continúa o BNG, “visto o acontecido en diversas residencias de maiores, dirixímonos por escrito ao alcalde para preguntarlle pola situación exacta do SAF e das medidas que se ían tomar ao respecto. Ademais, preguntamos polas actuacións de prevención que se estaban a levar a cabo na Residencia, tanto para o persoal como para as persoas usuarias”.
O BNG lamenta que “o luns 23 recibimos unha resposta xenérica e falta de concreción, na que se indicaba que o Concello estaba en contacto coa empresa concesionaria do SAF, e que estaban operando de acordo as instrucións das autoridades sanitarias”.
No tocante a Residencia, a resposta do alcalde “indica que se lle remitiu un escrito á residencia o día 20 de marzo para avaliar a situación, non dando máis detalles.” Segundo o BNG, o alcalde asegura que “a residencia esta a aplicar un protocolo dirixido polo órgano designado pola Consellaría de Sanidade e Política Social que está a ter unha resposta acorde ao momento que estamos atravesando rápida e eficaz”.
O BNG replica que “en vista dos feitos, este protocolo non foi o máis axeitado, xa que a día de hoxe, unha semana despois da resposta da alcaldía, a Residencia de Crecente xa conta cando menos con 27 persoas contaxiadas entre usuarias e traballadoras.” Así mesmo, dende o Bloque lamentan que o goberno de Crecente “reaccione só cando esta formación política require información, aínda acusándonos subrepticiamente de obstaculizar a labor do goberno e de falta de lealdade”.
Solicitude de explicacións no Parlamento Galego
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu trasladar a súa preocupación pola situación de extrema gravidade que se vive nas residencias de maiores e reclamou a comparecencia urxente do Goberno en sede parlamentaria para aclarar unha situación que está xerando unha xustificada alarma social.
“Temos unha situación dramática de alarma social nas residencias e por iso é urxente esa comparecencia”, reclama Pontón, quen se pregunta “que máis ten que pasar para que o Goberno informe das medidas adoptadas e para tranquilizar ás familias. Temos moitas preguntas que precisan respostas porque o Executivo non está actuando con celeridade, previsión nin anticipación precisamente ante un colectivo especialmente vulnerable”.
“É necesario reforzar a atención sanitaria, a realización de test masivos, o envío de material de protección, todo co obxectivo de anticiparse á extensión do virus porque estamos vendo casos de contaxio masivo nas residencias sen que o Goberno aporte medidas eficaces ante unha situación que era previsible”, explica a líder do BNG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40