VIGO
O Concello desinfecta cada día 500 contedores e 1000 papeleiras
O alcalde apunta que a rúa é un espazo público onde “queremos manter a hixiene especialmente coidada”. O operativo de limpeza e desinfección municipal conta con 14 equipos en quendas de mañá, tarde e noite abranguendo toda a cidade
O goberno municipal continúa co operativo reforzado e extenso de desinfección en toda a cidade con 14 equipos de traballo en quendas de mañá, tarde e noite. O rexedor lembrou onte que a rúa é un espazo público e “queremos manter a hixiene especialmente coidada”.
Así, detallou que os equipos de limpeza lavan cada día 800 contedores do lixo, con 3 camións lavacontedores en quenda de mañá e 5 en quenda de noite, e desinfectan a diario 500 contedores con 2 furgonetas dotadas de hidrolimpadoras pola mañá e 2 pola noite. No caso das papeleiras, o operativo desinfecta cada día 1000 unidades con 2 furgonetas en quenda de día e 5 en quenda nocturna.
O rexedor apuntou que o operativo especial desinfecta a diario o pavillón do Berbés, CEDRO, o albergue municipal e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores, entre outras dependencias. Amais, os bombeiros desinfectan cada día a contorna dos centros de saúde e dos centros hospitalarios da cidade. Nas parroquia, o goberno municipal desinfecta diariamente a zona máis céntrica e os tramos de beirarrúa que están diante dos establecementos abertos ao público, incluíndo consultas médicas, veterinarias, farmacias, tendas…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217