Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 06 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra impulsa a celebración de xuntas de goberno por vía telemática

A institución xa ten disposto o programa informático para que os órganos colexiados podan decidir de xeito virtual e votar en remoto con total garantía

A Deputación de Pontevedra ten xa establecido o programa para que as Xuntas de Goberno, que se celebran todos os venres, e os Plenos provinciais, que teñen lugar o último venres de cada mes, poidan realizarse de xeito telemático. Deste xeito, a partir de agora, os órganos colexiados da institución provincial volverán a reunirse, segundo o establecido, de xeito virtual para decidir asuntos de interese para a provincia e votar en remoto con total garantía.

 

A Deputación está a apostar, nesta situación excepcional, polas novas tecnoloxías impulsando iniciativas e ferramentas que permitan continuar coa actividade da institución. Deste xeito, o sistema elixido para a posta en marcha das Xuntas de Goberno e Plenos virtuais permite que as deputadas e os deputados, así como os membros do pleno, poidan participar telematicamente e en combinación presencial co persoal esencial. Nos órganos colexiados, deste xeito, participarase como se se fixese de forma presencial, emitindo as deputadas e deputados o seu voto con total garantía e, no caso dos Plenos, con sesións que serán retransmitidas vía streaming.

 

A documentación dos asuntos que se inclúan na orde do día será accesible tamén vía telemática a través de Internet, algo que está a ultimar o servizo de Novas Tecnoloxías. Ademais, nestes momentos, este servizo está tamén a desenvolver unha ferramenta para poder facer vídeos das actas, incluíndo as conexións e intervencións diferentes que teñan lugar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.