Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta transfire dous treitos da estrada provincial Nigrán-Vincios ao Concello de Gondomar

A Administración autonómica facilita así a materialización do acordo entre o Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se autoriza o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de dous treitos antigos da estrada provincial Nigrán- Vincios.


O Concello de Gondomar e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio para levar a cabo as obras de humanización da interconexión das rúas San Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadáns. Este acordo recollía que ao rematar os traballos, a Administración local debía solicitar a transferencia destas vías.


Unha vez que o Pleno da corporación provincial aprobou a proposta de cambio de titularidade, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade autoriza a transferencia do treito de 110 metros que comeza no punto quilométrico 7+190 e do de 60 metros que remata no 7+540


Estes treitos presentan unhas características funcionais e de utilidade asimilables ao viario municipal de tipo urbano e facilitan o acceso a fincas e edificacións lindeiras.


A transferencia a prol do Concello tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.


Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Executivo autonómico, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nestas vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.


O Decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).​

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.