Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 06 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A alcaldesa de Mos doa un 30% do seu soldo para loitar contra o COVID-19

Dous concelleiros con dedicación exclusiva farán o mesmo e o resto do goberno local renuncia ás súas retribucións por asistencias a plenos e comisións do mes de marzo, e os que poidan celebrarse en abril

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros con dedicación exclusiva, Baldomero Lorenzo e Sara Cebreiro, doarán un 30 por cento do seu soldo de abril para a loita contra o COVID-19, sumándose así á medida anunciada polo Goberno galego e que se aplican tamén o presidente Alberto Núñez Feijóo, e os conselleiros da Xunta de Galicia.


O resto de edís do equipo de goberno local, o tenente alcalde Camilo Augusto, Alberto Méndez, Leo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso, renuncian ás súas retribucións por asistencias a plenos e comisións do mes de marzo, e os que puideran chegar a celebrarse en abril.


No caso do Concello de Mos, a rexedora local mosense e os edís pasan a ingresar a porcentaxe da súa retribución mensual na conta bancaria da administración local para afrontar os gastos extraordinarios xerados pola crise sanitaria do coronavirus no municipio. Xa que a xestión desta crise a nivel local está a xerar diversos gastos extras ás arcas municipais "que queremos contribuír a sufragar aportando unha porcentaxe do noso salario", explica Nidia Arévalo.

 

 

 

 

Os edís mosenses ingresan a porcentaxe da súa retribución mensual na conta bancaria da administración local para afrontar os gastos extraordinarios xerados pola crise sanitaria do coronavirus no municipio

 

 

 


Ademais Arévalo declarou que esta medida é tamén "un xesto de solidariedade cos cidadáns mosenses que estes días están a ver mermados o seus ingresos, de gratitude coa veciñanza que está a colaborar voluntariamente, e na medida das súas posibilidades, a xestionar esta crise o mellor posible a nivel local; ás empresas que tamén están a prestar apoio e axuda... en definitiva, á gran cadea humana solidaria que nestes intres está a aportar o que pode e a axudar como pode; para que saiban que non están sós, que os seus representantes políticos están tamén ao seu carón, e que xuntos sairemos".


E é que as achegas, tanto económicas como de material sanitario –mascarillas, lentes, luvas...– son determinantes para poñer freo á pandemia, por iso os dirixentes municipais do Concello de Mos non quixeron deixar pasar a oportunidade de realizar as súas respectivas achegas particulares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.