Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 10 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Ocio infantil on line co novo programa muncipal "AnimaMOS nas redes"

Iniciarase o vindeiro domingo e terá unha periodicidade de dous veces por semana

Dado que nos atopamos en Semana Santa, datas nas que os cativos interromperán por uns días as súas tarefas escolares, e que o Concello de Mos está a emprender diferentes programas on line en redes sociais de lecer dirixidos a diferentes públicos para tratar de facer máis levadeira  a situación de confinamento polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19, os/as nenos/as de Mos non podían ser menos. E hoxe presentouse a nova iniciativa municipal: "AnimaMOS nas redes", de animación e ocio infantil, que comezará o vindeiro Domingo de Pascua, día 12 de abril.

 

Os contidos de entretemento para os/as pequenos/as poderán visualizarse todos os mércores e domingos no Facebook e na páxina web municipal do Concello de Mos, www.mos.es

 

Entre ditos contidos haberá desde música, ata maxia, manualidades, xogos, cociña..., etc.

 

 

 

 

Conta, entre outros, con colaboradores da talla de Uxía Lambona, As Maimiñas, o Mago Marco...

 

 

 

 

Para a creación dos devanditos contidos o Concello de Mos contará coa colaboración, entre outros, de Uxía Lambona, o Mago Marco, As Maimiñas, XQuatro, Carcajadas Animación, Animarte, Activalede, Diverti-MOS. E moitos outros colaboradores/as.

 

O infantil é o sector da poboación que máis está a achacar as circunstancias de encerro, porque os/as cativos/as na meirande parte dos casos non comprenden a situación de confinamento e surxen reaccións de frustación, tristura, enfados, rabietas... Por iso desde o Concello de Mos surxiu esta iniciativa, unha idea que nace coa vontade de volcarse nos máis pequenos e facerlles que o día a día sexa o máis ameno posible; así como apoiar ás familias e axudarlles aos seus pais nestes intres nos que se fai máis complicado aínda concienciar a vida familiar e laboral por mor da situación de confinamento.

 

A todos os colaboradores a alcaldesa de Mos agradeceulle enormemente esta mañá "a súa desinteresada, altruísta e solidaria aportación nestes duros momentos de crise para tentar arrincar sorrisos infantís, entretelos, ensinalos, divertilos e, en definitiva, facelos un pouquiño máis felices durante intres especialmente complicados e incomprensibles para os/as nosos/as pequenos/as".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.