Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción Mos / Xornal21.es
Jueves, 09 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Voluntarios de Protección Civil Mos responden 400 chamadas en 3 semanas

Un voluntario leva alimentos e productos de primeira necesidade a unha vivendaUn voluntario leva alimentos e productos de primeira necesidade a unha vivenda

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Mos, xunto co Servizo de Emerxencias do Concello de Mos está a prestar un servizo ininterrompido de garda dende o pasado 18 de marzo. Un total de 18 voluntarios, ademais do persoal do Servizo de Emerxencias do Concello de Mos, están operativos en quendas as 24 horas do día, para dar resposta as diferentes actuacións provocadas pola crise sanitaria actual.

 

[Img #62043]

 

Os servizos son coordinados dende o Concello de Mos, que xunto coa Policía Local de Mos e a Guardia Civil, están colaborando na resolución das distintas necesidades que xurden durante este estado de alarma. Tamén existe unha coordinación directa cos servizos de Servizos Sociais do Concello, nas tarefas de axuda o domicilio, reparto de alimentos e medicamentos, ou información a poboación.

 

[Img #62044]

 

O número total de atencións supera as 400 chamadas e servizos. Son de destacar os traballos de desinfección de espazos públicos, como axuda os traballos que se están a desenvolver dende o Concello de Mos, pero especialmente nos casos de persoas con sospeida de inferción por COVID-19. Tamén a entrega de comida e medicamentos a familias confinadas ou vulnerables.

 

[Img #62042]

 

O persoal de Emerxencias do Concello de Mos sinala que "está traballando cos Equipos de Protección Individuais (EPIS) axeitados para este tipo de traballos, en coordinación coas directrices do Concello de Mos". Ademais, os voluntarios sinalan que "contan con protocolos de intervención adecuados os traballos que veñen desempregando".

 

 

Servizos destacados


Traslado de enfermos e asistencia domiciliaría

24

Traslado de enfermos a hospital sen recursos

7

   

Traslado de enfermos a hospital COVID-19

2

Recollida de lixo en domicilios  contaminado COVID-19

5

Avisos de megafonía

22

Información telefónica

41

   

Desinfección de espazos (incluídas COVID-19)

8


 

Dende a Agrupación de Voluntarios mosense sinalan que "dende a Xunta de Galicia está a chegar material para a protección dos integrantes do servizo, así como para o Concello. Parte deste material é entregado os profesionais dos servizos esenciais".

 

A agrupación local de Protección Civil quere así mesmo agradecer "a colaboración de distintas empresas que están a enviar equipos de protección ou ben están a colaborar no asesoramento o persoal de Protección Civil de forma directa".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.