NIGRÁN
A Deputación aproba achegas por 190.000 euros para obras en Nigrán
A institución provincial da luz verde ás subvencións para as actuacións previstas no núcleo de Carrasca e na rúa Carousa a través da Liña 1 de Investimentos
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial a concesión de dúas achegas por preto de 190.000 euros ao Concello de Nigrán, ao abeiro da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2020 que financia a institución provincial.
Máis polo miúdo, as actuacións inclúen a ampliación da infraestrutura municipal de saneamento e abastecemento na zona de Carrasca, cunha subvención da institución provincial de 138.344,47 euros. A outra achega da Deputación ascende a 51.084,66 euros e está destinada tamén a traballos de saneamento, neste caso na rúa Carousa.
O concello ten a súa disposición este ano preto dun millón de euros correspondentes ás tres liñas do Plan Concellos 2020
Hai que destacar que o Concello de Nigrán ten á súa disposición este ano un investimento de case un millón de euros (998.648,23€), correspondente ás tres liñas do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
En total, este ano ao abeiro das tres liñas deste plan, a Deputación destina aos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes (todos agás Vigo e Pontevedra) un orzamento de 42,2 millóns de euros, en base aos criterios de poboación, dispersión e extensión territorial. A Liña 1 de Investimentos está dotada con 29,7 millóns de euros

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151