Benito Regueiro Xefe de Microbioloxía do CHUVI
Os test enviados polo Ministerio “non son en sentido estrito un test de diagnóstico"
Só permiten valorar a resposta dos anticorpos ante o virus polo que necesitan complementarse coas probas de PCR
Os test que foron enviados polo Ministerio a Galicia teñen unha utilidade tan só complementaria doutras técnicas de diagnósticos na detección de infeccións polo virus COVID-19, segundo conclúen profesionais que forman parte da Comisión de xestión da crise sanitaria.
Neste sentido, un dos seus membros, o xefe de servizo de Microbioloxía do CHUVI e catedrático da USC, Benito Regueiro, explica que os test distribuídos valen exclusivamente para valorar se unha persoa tivo contacto co virus, pero non permiten realizar un diagnóstico clínico: “Non son en sentido estrito un test de diagnóstico, xa que o único que valoran é a resposta de defensa da persoa”.
Regueiro explica que os devanditos test serven para complementar as probas diagnósticas como as PCR que xa está realizando o Sergas: “Serven só para valorar se a persoa tivo contacto co virus, e sempre que sexa alguén que non teña unha inmunosupresión de base”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22