Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 21 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os vándalos causan importantes danos na área Veiguiña

Malia estarmos en corentena, coa expresa prohibición de moverse sen xustificación, semella que o estado de alarma non vai cos que sempre queren facer mal, onde sexa, como sexa e cando sexa. Despois do parón obrigado polo estado de alarma para os sectores non esenciais, na volta ao traballo, compróbase que os malvados non descansan. Así actuaron os vándalos estes días de confinamento na área recreativa da Veiguiña, un fermoso espazo natural propiedade dos comuneiros e de todos os veciños de Atios, que todos os anos acolle a festa do Monte.

 

Foi un quad de grandes dimensións, ou un todoterreo, non podemos precisar de que tipo de vehículo se trata, pero sí a ruta que seguiu e os danos que causou o seu desaprensivo condutor. Sen ningún tipo de escrúpulo, atravesou a longa escalinata de pedra situada no centro do recinto, e saiu por un sendeiro que discorre polas mesas da área recreativa. No seu aloucado descenso rompeu unha decena de chanzos de pedra, pezas de grosas dimensións que só un vehículo pesado puido remover.

 

As pegadas son evidentes no carreiro e na saída do recinto. Descoñecemos a identidade do delincuente, aínda que non desbotamos que sexa algún membro dun club de todoterreos 4x4 da contorna. Tivo que ser alguén que vive preto e que coñece a zona. Hai que ser un malnacido e persoa moi ruín para facer algo así. Trátase de causar dano por simple pracer, non hai outra explicación.

 

A directiva puxo os feitos en coñecemento das forzas de seguridade e agardamos que as pescudas para dar co autor ou autores destes feitos dean froito. O certo é que  ata agora non tiveron efecto as reiteradas denuncias pola presenza de motos, quads e todoterreos no monte de Atios. Vehículos que lonxe de favorecer o desfrute do espazo natural, causan importantes danos en pistas e plantacións do monte comunal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.