BAIONA
A Mancomunidade do Val Miñor pide ao SERGAS “datos concretos” da evolución do COVID-19
O presidente da Mancomunidade e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, insiste na necesidade de dispoñer de “datos reais e fiables” para que Baiona, Nigrán e Gondomar poidan adoptar as medidas máis adecuadas
O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, vén de solicitar do SERGAS que, “á maior brevidade posible” lle sexan facilitados datos “reais e fiables” sobre a evolución do COVID-19 na comarca.
Gomez destaca a importancia de posuír dita información “para que os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar saiban como afecta a pandemia á súa poboación, a curva de evolución prevista e, en consecuencia, poder adoptar as medidas correctoras máis adecuadas e máis efectivas para a súa veciñanza”.
O presidente da Mancomunidade do Val Miñor lamentou que eses datos que agora solicita “non foran remitidos ‘de oficio’ polo SERGAS dende hai tempo”, ao tratarse, dixo, “dunha situación de alerta sanitaria que afecta ao conxunto da cidadanía sen distinción e na que é imprescindible que todas as administracións traballemos de xeito coordinado”.
Carlos Gómez, que agarda unha resposta “á maior brevidade posible”, insistiu en que “coñecer os datos reais da actual situación sanitaria permitiríanos aos concellos axustar as medidas que xa estamos desenvolvendo de cara a facelas máis eficaces”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217