Martes, 10 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón anima a veciñanza a comprar no comercio local

Asegura que en Salceda "existe unha ampla variedade de comercios que fan que non sexa necesario desprazarse a grandes superficies ou a internet"

O Concello de Salceda está a facer un importante esforzo por apoiar ao comercio local nesta situación especialmente complexa para o sector. Así, as plataformas de comunicación das que dispón o Concello (páxina web e redes sociais) serven de medio para informar á veciñanza sobre os establecementos que permanecen abertos ao público ou aqueles que ofrecen servizo a domicilio. Ámbolos dous listados actualízanse coas solicitudes que achegan dende os propios comercios, conseguindo deste xeito unha guía de enorme utilidade para a veciñanza que a pode consultar dende os seus domicilios.

              

O Concello, a través da Concellaría de comercio, mantén ademais unha comunicación constante coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio (ACISA e Tabernanova), nun exemplo de traballo conxunto que proporcione os mellores resultados para a poboación.

 

Tamén dende o CDL do Torrón se ofrece un servizo de asesoramento a persoas autónomas e PEMES, que se centra fundamentalmente nos temas relativos a tramitación de ERTES, prestacións por desemprego, prestacións extraordinarias, subvencións, etc, todos eles vinculados coa actual situación.

 

O sector do comercio estase a ver beneficiado tamén polas medidas económicas establecidas dende o Concello, que supoñen a anulación da taxa de terrazas ou a suspensión das taxas da praza de abastos e de mercado ambulante. Ademais o departamento de tesourería traballa xa no estudo para as medidas que poidan afectar ás taxas de recollida de lixo ou servizo de vado daqueles establecementos obrigados a permanecer pechados durante o estado de alarma.

 

O Concello quixo agradecer tamén as iniciativas privadas de apoio ao comercio, como a que está a levar a cabo Electra Alto Miño, que está establecendo medidas para rebaixar o coste eléctrico e outros servizos de negocios pechados ou con servizo moi disminuído, como a suspensión do cobro da fibra óptica ou a rebaixa da potencia eléctrica.

 

Verónica Tourón, tenenta de alcaldesa e concelleira de comercio anima á veciñanza "a non esquecerse do comercio local, nin agora nin cando remate esta situación. En Salceda existe unha ampla variedade de comercios que fan que non sexa necesario desprazarse a grandes superficies ou a internet. Cando todo isto remate debemos volver aos comercios locais con máis forza que nunca, pois ese será o inicio da recuperación da nosa vila".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.