Lunes, 23 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Unha empresa mosense doa 2.000 mascarillas infantís ao concello

O material sanitario de protección infantil, tipoloxía FFP2, foi doado pola empresa mosense RODAVIGO

O Director Xeral da empresa mosense RODAVIGO Suministros Industriales, Rodamientos Vigo S.A., Nazario Correa Sestelo, ven de confirmar que doará a Mos, a través da iniciativa 'Pulso Solidario',  2.000 mascarillas infantís para protexer á poboación mosense de entre 3 e 10 anos de idade. Así o anunciou hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.

 

RODAVIGO atópase ubicada no mosense Polígono Industrial do Rebullón.

 

Arévalo, rexedora local do Concello de Mos, informou de que, tras a iniciativa municipal de dotar a toda poboación xeral adulta mosense de mascarillas a domicilio, agora "prevese que as 2.000 mascarillas infantís cheguen ás nosas mans o vindeiro venres 1 de maio e desde o Concello comezaremos a envialas por correo postal aos domicilios dos/as cativos/as o luns 4 de maio".

 

Para elo desde o departamento de Rexistro Xeral e Padrón Municipal atópanse xa traballando para localizar todas as direccións dos fogares dos destinatarios destas mascarillas que contan cunha característica moi importante, que é que se tratan de tipo FFP2 con homologación certificada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.