Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 30 deportistas participan na campaña "O deporte da provincia contigo"

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a campaña "O deporte da provincia contigo" na que deportistas de referencia únense nunha soa voz fronte á crise sanitaria, en dous audiovisuais que se están a difundir na web e nas redes sociais da institución provincial. O obxectivo da campaña é animar á veciñanza durante o confinamento e apoiala nestes días decisivos nos que é preciso seguir cumprindo as indicacións sanitarias para vencer ao Covid-19.

 

Máis de 30 rostros recoñecidos do deporte da provincia, referentes dunha ducia de modalidades, participan nos vídeos e lanzan desde as súas casas unha mensaxe de unión, esperanza e forza para seguir vencendo ao virus desde a responsabilidade. Todos e todas coinciden en sinalar en que o esforzo que está a facer a sociedade servirá para superar esta crise e volver con máis forza a gozar dunha vida na que de seguro seguirán chegando grandes éxitos deportivos.

 

Entre os deportistas de referencia da provincia que participan na campaña da Deputación están os olímpicos Rodrigo Germade e Teresa Portela como representantes do piragüismo da provincia; Pablo Dapena e Susana Rodríguez Gacio do triatlón; Lorena Pérez ou Rodrigo Corrales do balonmán; Joni ou Anair Lomba do fútbol; María Araujo do baloncesto; ou, por exemplo, o atletismo con Desiree Vila.

 

Todas elas e eles únense á Deputación de Pontevedra para animar aos veciños e veciñas da provincia nestes días de confinamento a través desta campaña que transmite a forza necesaria para chegar á meta ganándolle o partido ao Covid-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.