VIGO
O Concello repartirá 20.000 máscaras de protección cada semana desde o 11 de maio
Este luns continúan as entregas gratuítas nas contornas dos espazos comerciais de Coia, Travesía e Praza E, ademais de en Alcabre, Castrelos, San Andrés, Freixeiro, San Paio, San Miguel de Oia, Saiáns, San Xoán do Monte e Zamáns. O goberno vigués pechou a compra doutras 100.000, que distribuirá de balde desde o 11 de maio
Igual que nesta fin de semana, o Concello de Vigo prosegue este luns coa entrega de balde de máscaras de protección á cidadanía, hoxe nos arredores dos espazos comerciais da rotonda de Avenida de Castelao, da Travesía de Vigo e da Praza Elíptica. Tamén este luns se distribuirán unidades nas proximidades das tendas de alimentación e farmacias de Alcabre, Castrelos, San Andrés de Comesaña, Freixeiro, San Paio de Navia, San Miguel de Oia, Saiáns, San Xoán do Monte e Zamáns.
Explicou o alcalde que se distribúen así as primeiras 20.000 máscaras, que foron cedidas por Povisa, como paso previo ás outras 100.000 unidades que o Concello vén de adquirir. Estas chegarán á cidade a partires do 11 de maio e se repartirán a un ritmo de 20.000 por semana. Abel Caballero avanzou que quere conseguir outras 200.000 máscaras para poder entregar un total de 300.000 entre os vigueses e viguesas.
A mesma cifra, 300.000 unidades, esixiu o alcalde á Xunta de Galicia, en declaracións por videoconferencia este luns. Abel Caballero demanda do goberno autonómico que remita “inmediatamente” esa cantidade ao Concello de Vigo para a súa distribución entre a cidadanía, xa que ata o momento non enviaron á administración local viguesa “unha soa máscara para repartir aos cidadáns de Vigo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217