PROVINCIA
O programa SmartPeme pon en marcha sete obradoiros online
Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta primeira semana de maio sete novas accións formativas impartidas de xeito online. Debido ao suspenso das actividades presenciais, estase a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais ou blogues, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
Deste xeito, este luns 4 de maio realizarase un curso de “Fotografía gastronómica co teléfono móbil”, impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. O martes 5 de maio terán lugar dous cursos: un de “Facebook Ads”, que contará con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, e outro que consistirá nunha “Guía de boas prácticas para redes sociais”, por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. O mércores 6, SmartPeme ten programado un curso sobre “Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico”, con Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña.
O xoves 7 de maio terán lugar dous obradoiros. O primeiro deles, titulado “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”, será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, mentres que o segundo, “Marketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia”, contará con Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. Por último, o venres 8 de maio realizarase un curso de Inbound Marketing co enxeñeiro informático José Luis Taboada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149