Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 05 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 120.000 máscaras repartidas na provincia

Maica Larriba agradece aos corpos e forzas de seguridade do Estado, Policías locais e Protecion Civil a súa participación no dispositivo realizado entre o luns e hoxe

Con este segundo día de repartición de máscaras, a subdelegación de Goberno en Pontevedra, continúa co obxectivo de facer chegar o material hixiénico necesario nesta fase 0 de  desescalada iniciada o 4 de maio. Desta forma e de acordo ás directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade, acompáñase á cidadanía na esixencia colectiva do seu uso para seguir respectando a distancia física nos nosos desprazamentos. Para iso contouse cun novo envío á provincia de Pontevedra de 289.500 máscaras para ser repartidas nestes dous primeiros días de apertura de actividades, ademais de abastecer a diversos colectivos sociais e asistenciais, tal como xa se realizou o pasado 13 de abril, co inicio da actividade esencial.


Maica  Larriba quixo sinalar “a importancia de seguir cumprindo con responsabilidade o retorno ás actividades por parte de toda a poboación para evitar rebrotes da infección que atrasaría o bo regreso á nosa actividade normalizada pero coas medidas persoais que deberemos ter en conta a partir de agora”.

 

 

 

 

A subdelegada do Goberno coordinou mais de 100 puntos de repartición na provincia

 

 

 

 


Durante estas 48 horas a subdelegación e grazas ao traballo realizado por Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, repartiu 120.000 unidades en estacións de ferrocarril, autobuses e en zonas de transporte marítimo de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. En concreto, estruturouse en mais de 100 puntos de repartición en toda a provincia. Tal como fíxose en abril tamén se levou a cabo a repartición nos polígonos industriais de Vigo, Pontevedra, Lalín e en A Estrada.


Maica  Larriba quixo “agradecer o traballo dos corpos e forzas de seguridade do Estado e a colaboración das entidades locais, tanto membros da Policía Local como os voluntarios de Protección Civil, que serviu para manter todas as medidas durante o confinamento e que supuxo unha axuda imprescindible para o inmellorable comportamento da sociedade pontevedresa”. Finalmente, a subdelegada do Goberno quixo lembrar “a importancia de seguir con eficacia a implementación de cada unha das novas fases que iremos pasando e para iso todos somos responsables para volver  á  nosa vida  cotiá pero evitando rochas innecesarias e  cumprindo  as  limitacións  obrigatorias”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.