Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Acordos dos grupos municipais da Guarda de medidas urxentes

No debate en pleno celebrado no día de hoxe a raíz da proposta presentada polo BNG  de medidas urxentes a desenvolver polo Concello de A Guarda para combater a crise económica e social provocada polo COVID -19 , os grupos municipais do Concello acordaron  a creación dunha mesa técnica para concretar as medidas económicas e sociais a levar adiante cos informes económicos e xurídicos que procedan para poder facelas efectivas no menor prazo posible de tempo e dentro da legalidade.


Tamén se acordou  a creación  dunha mesa local do emprego na que participen asociacións de comerciantes, confraría, asociación pesqueiras  e  sindicatos ademais das organizacións políticas.


Ao mesmo tempo  aprobouse   a supresión das taxas as terrazas municipais  así como   dirixirse a portos de Galiza e Costas do Estado con competencias sobre terrazas para que apliquen a mesma medida.


O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz declarou,  “considero de moito interés o debate xenerado en torno a moción que presentou o BNG e agardo que as medidas que nós propoñemos coas enmendas que sexan necesarias por parte dos outros grupos enriquezan o documento que presentamos polo ben de todo o vecindario da Guarda”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.