Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra inicia o reparto de 57.000 mascarillas

O material de protección forma parte da partida de 7 millóns de unidades que o Goberno de España e a FEMP está a distribuír no Estado

Os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes recibirán desde este xoves a primeira entrega de máscaras coordinada pola Deputación de Pontevedra que se repartirán con criterios obxectivos segundo a poboación e o índice de sobre envellecemento. Este material de protección procede da achega de 7 millóns de unidades, posta en marcha polo Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), segundo a cal as Deputacións se encargan da súa distribución nos concellos máis pequenos de cada provincia

 

A Deputación de Pontevedra distribuirá un total de 57.000 mascarillas, do reparto da Delegación do Goberno, que estarán destinadas aos colectivos máis vulnerables de cada vila, de menos de 20.000 habitantes. En concreto, ás persoas máis maiores ou atendidas por teleasistencia, e ao persoal municipal máis exposto ao virus como o dos servizos de limpeza e recollida de residuos sólidos, empregados/as do transporte público, traballadores/as sociais e do SAF ou persoal de protección civil e emerxencias como policía local ou anti incendios.

 

O reparto deste material de protección entre os concellos faise en función de dous criterios obxectivos, unha cantidade lineal por tramos de poboación: de hasta 3.000 habitantes, de 3.000 a 5.000, de 5.000 a 10.000, de 10.000 a 15.000 e de 15.000 a 20.000. A esta cantidade se engade unha segunda partida destinada a aqueles concellos que teñen un maior factor de sobre envellecemento.

 

Atendendo a estes criterios, nesta entrega da Deputación, 8.000 mascarillas chegarán este xoves á comarca do Deza-Tabeirós/Terra de Montes; 11.600 ao Salnés; 10.100 á comarca de Vigo; 10.900 á de Pontevedra; 8.500 máscaras serán entregadas nos concellos do Condado-A Paradanta; 2.400 nos do Morrazo e 5.500 nos do Baixo Miñ

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.