Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta entrega máis de 573.025 unidades de protección aos concellos e centros sociais

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 290.200 luvas, 251.336 máscaras, 15.796 traxes, batas, pantallas e produtos de desinfección

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos catorce concellos da área territorial e os centros sociais cun novo envío esta semana. Deste modo, para os servizos municipais enviáronse en conxunto 10.500 luvas, 13.100 mascarillas e 358 traxes e batas de protección, facendo un total de 23.958 unidades en conxunto, que inclúen diversos produtos de limpeza e desinfección.

 

No que atinxe ao Concello de Vigo, reforzáronse os envíos anteriores con 7.500 luvas e outras tantas mascarillas, así como 173 traxes antisalpicaduras.

 

Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 195.821  unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron114.580 luvas, 77.640 máscaras e 2.684 traxes antisalpicaduras e batas, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 114.548 unidades para os servizos municipais do Concello de Vigo.    

 

 

 

 

O acumulado entregado aos concellos da área para os servizos municipais suma a día de hoxe 195.821 unidades de protección, das que 114.548 enviáronse ao de Vigo

 

 

 

 

Atendendo ao reparto aos máis dun centenar de centros sociais de discapacidade, igualdade. de maiores, menores e de xuventude correspondente á área viguesa o saldo é de 377.204 unidades en conxunto; 176.200 luvas, 173.642 mascarillas e 13.112 traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección e diversos produtos de desinfección e limpeza ata sumar un total de 14.250 unidades.

 

Concretamente, deste total esta semana recibiron en conxunto unha nova partida de material de protección composta por 31.200 luvas, 16.520 mascarillas e 6.976 traxes antisalpicaduras.

 

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

 

O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

 

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.