PROVINCIA
A Deputación reparte 57.000 mascarillas
Carmela Silva deu conta á Subdelegada Maica Larriba da eficiencia do reparto e agradeceu “que se contara coas deputacións para distribuír o material nos concellos pequenos. Este é o modelo a seguir, máis eficiente e máis áxil”
En soamente seis horas dende a recepción de mascarillas por parte do Goberno de España, ao través da Delegación do Goberno, a Deputación de Pontevedra achegou aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia as 57.000 unidades deste material de protección. Deste xeito, e nun acto de “lealdade institucional” como así o cualificou a presidenta provincial, Carmela Silva informou hoxe nunha videoconferencia á subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, da “eficiencia e axilidade” do reparto, así como agradeceu ao Goberno do Estado o feito de contar coas deputacións para a distribución dos materiais.
“Este é o modelo a seguir”, sinalou a presidenta provincial, que recoñeceu publicamente o xeito escollido polo Goberno do Estado para a distribución de material, destacando “os criterios obxectivos co que se fixo o reparto, e o feito de considerar que a protección é un dereito das persoas no que non cabe o populismo, senón ser eficientes, áxiles e pensar na cidadanía”. Deste xeito, Silva trasladou a Larriba a “moi boa idea” de contar co mundo local, coas deputacións provinciais “xa que nós temos unha estrutura habitual de contacto, o coñecemento e a relación cos concellos, que nos permite poder facer as cousas en poucas horas, tal e como se fixo neste reparto”. Neste aspecto Carmela Silva recordou que “outras administracións tardaron unha semana en repartir o material que tamén recibiron do Goberno de España”.
A subdelegada do Goberno informou que “no que levamos de loita contra o COVID o Goberno de España entregou á Xunta máis de 2,2 millóns de mascarillas, 31.000 calzas, batas e roupa de protección e 23 respiradores”
Pola súa banda a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, destacou que este reparto se corresponde cun segundo operativo de case 300.000 mascarillas que se distribuíron atendendo aos criterios acordados entre o Goberno do Estado e a FEMP. “Dende o primeiro momento –destacou- sabiamos que era imprescindible contar coas deputacións provinciais porque coñecedes as necesidades dos concellos máis pequenos e dispondes da infraestrutura que permite que lles cheguen as mascarillas directamente”. Ao respecto, Larriba tamén recordou que “no que levamos de loita contra o COVID 19 o Goberno organizou dous operativos moi importantes e ata agora entregou á Xunta máis de 2,2 millóns de mascarillas, un total de 31.000 calzas, batas, roupa de protección e 237 respiradores”.
O reparto de mascarillas que o Goberno de España trasladou aos concellos a través da Deputación de Pontevedra atendeu a criterios obxectivos, tal e como recordaron ambas mandatarias. Deste xeito, a distribución fíxose en función da poboación, xa que está estreitamente relacionada co volume de ingresos dos concellos, e do índice de envellecemento dos mesmos, ao tratarse do colectivo máis vulnerable á pandemia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149