Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 15 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Redúcense nun 54% os expedientes pendentes de informar na Provincia de Pontevedra

Os bos datos son produto da continuidade da actividade administrativa a través do teletraballo realizado polo persoal da Xunta de Galicia durante o período de confinamento

A provincia diminuíu en abril considerablemente os expedientes pendentes de informe grazas a dispoñer da ferramenta do teletraballo que permitiu a continuidade da actividade administrativa realizada polos empregados públicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. En concreto, Pontevedra pasou de 533 a 247 expedientes, o que supón minorar o retraso na tramitación un 53,66%.

 

Trátase dun dato extraído do informe de actividade deste departamento da Consellería de Cultura e Turismo relativo ao primeiro cuadrimestre do ano, no que se precisa que a provincia tivo un rexistro no período de 997 asuntos, realizándose un total de 1655 informes e  ditándose 654 resolucións. No caso concreto de abril, efectuáronse un total de 466 informes, un 12,63% máis que a media do cuadrimestre, e resolvéronse un total de 163 resolucións.

 

Continuidade da administración online
Neste tempo de confinamento pola pandemia do COVID-19, a Administración autonómica no eido do Patrimonio Cultural continuou coa súa actividade a través das conexións ao escritorio remoto e o acceso as plataformas de tramitación electrónica de expedientes. De feito, o ritmo de ditames a través do teletraballo durante o confinamento foi similar á media do resto de meses do cuadrimestre e nalgúns casos superior.

 

En conxunto, o departamento da Consellería de Cultura e Turismo tivo ao longo do primeiro cuadrimestre do ano unha entrada de 5609 asuntos, emitiu 6023 informes e ditou 2827 resolucións nas Xefaturas territoriais, no Camiño de Santiago e no Servizo de Arqueoloxía.

 

Este traballo de tramitación administrativa permitirá mellorar a axilidade patrimonial ante a sociedade galega ao supoñer unha redución de prazos na resolución de expedientes en canto se retome a actividade ordinaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.