Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 17 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
BAIONA

Baiona inicia a reapertura gradual da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación

A Biblioteca abrirá as súas portas de 9 h a 14 h só para préstamo e devolución de material con cita previa e o Museo Casa da Navegación limitará o seu aforo a un total de 25 persoas no seu interior

Coa posta en marcha da denominada Fase 1 do ‘Plan de Transición cara á Nova Normalidade’ o  Concello de Baiona iniciaba o xoves 14 de maio o proceso de reapertura gradual das instalacións da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación que se fará “priorizando as medidas se seguridade que garantan a saúde tanto dos usuarios e usuarias coma do persoal municipal”, adianta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.


Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Baiona abrirá as súas portas en horario de 9 h a 14 horas e só para o servizo de préstamo e devolución de libros. Será preciso, amais, solicitar cita previa no teléfono 986 355 943 co fin de evitar colas e aglomeracións de persoas. Dese xeito, o usuario e usuaria evitará esperas xa que o material solicitado estará xa preparado de antemán e debidamente desinfectado.


En todo caso, a Biblioteca recomenda ás persoas usuarias que leven aos seus domicilios os libros na bolsa na que lle son entregados e unha vez no domicilio, como precaución adicional, “desinfectar o exterior da bolsa para evitar unha posible contaminación por contacto despois de saír da biblioteca”.


Asi mesmo, as persoas que acudan a recoller préstamos como a realizar devolucións, deberán gardar a distancia de seguridade de dous metros, tanto mentres agardan coma cando son atendidas. De feito, deberán agardar a súa quenda para entrar xa que o aforo estará limitado a unha persoa no  interior da instalación.


Pola súa banda, a Biblioteca Municipal poñerá todas as devolucións “en corentena un mínimo de 14 días, polo que non será posible levarse un libro que acaba de ser devolto”. Cómpre salientar que, para facer posible esta reapertura, a Biblioteca foi obxecto dunha minuciosa limpeza e desinfección e os libros estiveron en corentena dado que a instalación estivo pechada durante sete semanas. Asi mesmo acoutáronse as distintas zonas de uso que, a medida que avancen as fases, iranse adaptando á nova situación.


Finalmente, para garantir a saúde dos usuarios e usuarias, colocáronse dispensadores de xel hidroalcohólico no mostrador de atención ao público.

 

Casa da Navegación
No que á Casa da Navegación fai referencia, a súa apertura e por motivos obvios, terá reducido o seu aforo a 1/3 ,limitándose a presenza no interior das instalacións a un total de 15 persoas.


Na recepción, antes de entrar na sala, as e os visitantes están obrigados a utilizar o hidroxel para as mans que se colocou nesa zona para tal fin e, igualmente, queda prohibida a entrada con mochilas.


Todas estas medidas, tanto na Biblioteca Municipal coma no Museo Casa da Navegación, garanten a seguridade das persoas usuarias e do persoal municipal que traballa nesas dependencias. Entramos, apunta o alcalde Carlos Gómez, “nunha nova realidade na que haberá camiñar con moito coidado para non sufrir un retroceso que tería consecuencias imprevisibles”.


“A recuperación paulatina da normalidade –engade o rexedor baionés– dependerá agora en gran medida da responsabilidade de todos e todas, esa responsabilidade da que durante o confinamento fixeron gala as e os baioneses”.


“Baiona, como un dos enclaves turísticos máis importantes de Galicia, ten que dar exemplo e marcar o camiño nesta nova etapa que agora comezamos”, rematou Carlos Gómez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.