A GUARDA
O BNG presenta novas medidas para "unha saída social na Guarda a crise"
O BNG da Guarda a través do seu portavoz municipal, Anxo Baz, vén de facer pública unha iniciativa de novas medidas económicas e sociais para a saída da crise provocada pola COVID19
O BNG xa presentou no pleno do día 5 deste mes unha serie de medidas urxentes para combater a crise social e económica provocada pola COVID19, aberta a amplialas coas achegas do resto da corporación, procurando o máximo consenso. Neste pleno acordouse a convocatoria dunha mesa técnica para abordar estas medidas.
O portavoz do BNG afirma “que medidas como a bonificación nos recibos do lixo e a auga para comercios e hostalaría afectada polo cese de actividade así como para as familias que teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (537,48 €/mensuais), a redución do importe das licenzas de apertura para o fomento e creación de novas empresas ou o incremento da partida de Emerxencia Social por citar só algunha das medidas, deben ser tratadas urxentemente. Por eso instamos ao alcalde, que convoque a mesa técnica acordada para avanzar nestas e noutras medidas o antes posibel”.
Anxo Baz presenta “estas medidas urxentes que deben ir acompañadas de outras de maior calado nas que interveña a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado. A crise que se aveciña vai esixir levar adiante proxectos de futuro para promocionar e dinamizar a economía do noso concello. Nesa liña consideramos que transformar a praza de abastos nun mercado de excelencia é prioritario para garantir o seu futuro e para crear dinámicas locais que favorezan o comercio de proximidade e xeren emprego”.
O voceiro nacionalista tamén incidiu en que “ O Concello da Guarda debe integrarse na rede de Concellos polo Espazo Público que promove a Deputación de Pontevedra o que propiciaría facer unha vila máis sostibel e humana. A distancia física recomendada polas autoridades sanitarias, fai máis necesario que nunca contar con espazos en rúas e prazas que permitan realizar actividades de esparcemento e desprazamentos a pé con seguridade. Nesta nova situación a prioridade peonil debe ser un obxectivo básico en todas as rúas nas que sexa posíbel”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58