Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Técnicos e Policía inspeccionan cafeterías de locais sociais das asociacións

Onte realizaron visita técnica ás 2 que abrían a porta ao público: Centro Dotacional de Torroso e A.V.V. Nosa Terra de Pereiras

O pasado mércores 13 de maio ás 18.00 horas celebrouse a reunión telemática co colectivo das asociacións culturais mosenses que teñen local social.


Sobre a mesma a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que “nela as agrupacións manifestáronlle ao Concello a súa total vontade de colaboración para manter a seguridade sanitaria ante o COVID-19 no municipio, algo que lles agradecemos enormemente e que nos fai sentir ao equipo de goberno local, se cabe, aínda máis orgullosos do noso tecido asociativo”.


Para elo tomouse a decisión consensuada de que, aínda que a lei llo permita, non abrirán os seus locais ata setembro e manteranos pechados ao público de momento.


Os que teñen cafetería no local sí a abrirán, só a terraza de momento, e mantendo o protocolo que marca a normativa actual vixente. Para asesorarlles sobre elo o Concello puxo á súa disposición á técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, e á Policía Local encabezada polo Xefe da mesma, Gerardo Álvarez, que esta mesma mañá desprazáronse ata o dous centros que hoxe abrían as terrazas das súas cafetereías: o Centro Dotacional de Torroso e o local social da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras. Técnico e Policía asesoraron a ambos colectivos e supervisaron os diferentes espazos para garantir que cumpran todas as directrices.


Ademais desde o Concello de Mos quedouse á enteira disposición dos locais para prestarlle todo o asesoramento e axuda que precisen nas diferentes fases deste proceso de desescalada e para seguir a traballar da man, afrontando e superando esta nova realidade.


A seguinte cafetería que está previsto que abra a súa terraza ao público será a do Pazo de Mos. A apertura está programada, en principio, de cara a finais do presente mes de maio.


Na xuntanza do mércores abordáronse tamén as 3 peculiaridades deste colectivo que son a Escola de Música de Torroso por contar con 500 alumnos/as, o Pazo de Mos por ser lugar de paso do Camiño de Santiago e a A.VV. Celado de Cela. Con cada unha destas 3 entidades celebrarase outra reunión específica individual.


Para rematar, cada asociación plantexou as súas dúbidas e preguntas maioritariamente relativas ás actividades de teatro, ás xuntanzas de verán e aos cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer (que desde o Concello se lles informou de que quedan suspendidos como mínimo ata o mes de setembro e para entón volverase a informar ao respecto).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.