PONTEAREAS
Reabre o punto limpo de Ponteareas de luns a sábado en horario de mañá
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, informa sobre a reapertura do Punto Limpo local situado na Ctra. Guláns, s/n Km. 1,5. Informa ademais das vantaxes que ten a utilización destas instalacións, xa que nos permite depositar nun lugar seguro diferentes tipos de residuos, como restos de poda, residuos tóxicos e voluminosos, escombros, enseres, etc.
Atendendo á situación de emerxencia que estamos a vivir, a reapertura do punto limpo farase respectando todas as condicións de hixiene e seguridade necesarias fronte ao COVID-19.
Así:
- O punto limpo abrirá na quenda da mañá de luns a venres de 8:30 a 13:45 e sábados de 10:00 a 13:00.
- O portal de acceso ao punto limpo estará regulado de xeito que o operario do punto limpo regule as entradas e saídas dos usuarios para garantir o aforo nas instalacións.
- O aforo máximo será de 2 usuarios e nunca poderán coincidir descargando residuos nun meso punto, cada usuario poderá levar un acompañante.
- É obrigatorio unha distancia social mínima de 2 metros.
- Recoméndase o uso de luvas e máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios.
- En todo momento os usuarios seguirán as indicacións do operario do punto limpo.
- Haberá un cartel indicativo con estas normas ó pe da zona de espera (zona de acceso) ó punto limpo para que os usuarios poidan ir lendo estas normas.
Ademais, Rosa Covelo pide a colaboración cidadá no coidado do noso concello, depositando cada residuo no colector que lle corresponde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163