MONDARIZ-BALNEARIO
O BNG de Mondariz Balneario négase a abandonar o salón de plenos
O goberno do PP négase a crear unha mesa de traballo para afrontar a crise
Tras a celebración dun pleno extraordinario na mañá deste luns en Mondariz Balneario, os concelleiros do BNG na localidade tomaron a determinación de non abandonar o salón de plenos como medida de protesta, indicando que permanecerán nos seus escanos “ata que o goberno local do PP tome en serio a crise do coronavirus e constitúa unha mesa de traballo conxunta, onde se vexa representada toda a veciñanza de Mondariz Balneario para aplicar medidas eficaces que diminúan o impacto da pandemia en particulares, hostalería, autónomos ou pequenas empresas da vila”.
O obxectivo do BNG dende o comezo da crise sanitaria é “facer fronte á crise do COVID-19 deseñando unha estratexia común a nivel local que mitigue o efecto da pandemia sobre a localidade balnearia”. Neste sentido, o Grupo Municipal do BNG amosou “a súa disposición a sumar presentando por escrito ao goberno o pasado 22 de marzo unha batería de medidas e propostas ante a crise, ligadas á creación dunha mesa de traballo co goberno local”.
Ante a falta de resposta e de acción por parte do goberno local, sinalan os nacionalistas, “o BNG veuse na obriga de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario, que tivera como único punto na orde do día a creación dun grupo de traballo conxunto para afrontar a crise actual.” Para sorpresa do único grupo da oposición, “a primeiros de maio, o alcalde convocou un pleno ordinario onde non se tratou nin un só asunto relacionado coa actual crise sanitaria, e atrasou a convocatoria do pleno extraordinario nun mes e medio, o prazo máximo que permite a lei.
O Bloque denuncia que “a día de hoxe, o goberno non aplicou nin unha soa medida dirixida a paliar a crise socio-económica e sanitaria.” “A isto debemos sumarlle o ninguneo constante á oposición, á que se lle oculta deliberadamente información de todo tipo, mesmo negándolle o acceso ás actas das xuntas de goberno, así como o talante antidemocrático e irrespectuoso do alcalde e do goberno local e a negativa de formar a mesa de traballo entre os partidos con representación municipal, PP e BNG, tendo en conta que o Partido Popular gañou as últimas eleccións por só 3 votos.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191