TUI
Cáritas instala os primeiros 8 contedores de roupa usada en Tui
Nas próximas semanas completarase a colocación de 4 colectores máis
Esta semana instaláronse 8 contedores para a recollida de roupa usada en distintos puntos do termo municipal, grazas á colaboración establecida entre o Concello de Tui e Cáritas.
De agora en diante será esta ONG a encargada da recollida de roupa, calzado e complementos aos que dará un novo uso.
Dos 8 novos contedores para a recollida de roupa 2 están situados no Punto Limpo, dous están en Areas, un no entorno da rotonda e outro no parque empresarial, amais outros situáronse na Avenida da Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San Bartolomeu. Nos próximos días serán colocados outros 4 contedores até completar un total de 12.
Dende o Concello de Tui apóstase con este acordo con Cáritas para a recollida de roupa usada pola economía circular e social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8