Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Entregadas as primeiras 500 pantallas de cores para os nenos de Mos

Entre hoxe e mañá repartiranse case 2.000

Hoxe comezáronse a repartir as pantallas faciais infantís de protección para complementar ás mascarillas FFP2. Durante a presente xornada entregáronse as 500 primeiras pantallas do total de preto de 2.000 que se repartirán.

 

Trátase de material de protección facial fabricado pola empresa mosense Pirelo, que lle doou ao Concello 600 unidades destas pantallas infantís. Os pais e nais de nenos/as mosenses de 3 a 14 anos poden recoller as pantallas dos seus fillos totalmente de balde aportando DNI ou Libro de Familia. Están a ser repartidas no Multiusos das Pozas por rigoroso Padrón durante hoxe xoves, 21 de maio, e mañá venres, 22 de maio, en horario de mañá e tarde de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Quen non poida ir durante estes dous días poderá facelo calquera día a partir do vindeiro luns 25 de maio en horario de mañá, de 10 a 13 horas.

 

As pantallas infantís están fabricadas en PVC de diferentes cores (branco, azul, verde, amarelo e vermello) e serigrafiadas co escudo do Concello de Mos. A súa principal función é a reducción do risco de propagación de infeccións. Son pantallas antisalpicaduras, deseñadas para frear o avance do COVID-19. O seu sinxelo deseño facilita o sistema de colocación, ofrece seguridade e comodidade durante todo o día e é de fácil limpeza e desinfección. Ademais é a mellor forma de evitar que os pequenos toquen a cara coas mans suxas.

 

O PVC de fabricación é flexible e conta con agarre adaptable á cabeza en velcro, a pantalla ten unhas dimensións de 292 x 220 mm e permite a total visibilidade sen bloquear a vista, ao tempo que evita salpicaduras tanto frontais como laterais. Ademais estas pantallas están testadas por laboratorio e contan con certificación do ITEL-Instituto Técnico Español de Limpieza (conforme a diversas normas, entre elas a vixente norma europea EN166) que emitiu informe favorable baseado no análise técnico da mostra.

 

Todas as probas realizadas polo ITEL a estas pantallas tiveron en conta a Directiva Europea de productos sanitarios CEE/93/42.

 

Entre outros parámetros, o ITEL certifica que o PVC das pantallas infantís fabricadas por Pirelo ten unha eficacia de filtración de partículas que sobrepasa o 94%.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.