GALICIA
O PLADIGA 2020 que reforzará os medios aéreos e se adaptará ás condicións establecidas pola emerxencia sanitaria
Afirma que se incorporarán os protocolos necesarios para garantir o traballo do persoal en condicións óptimas de seguridade e hixiene
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu a coñecer hoxe as novidades do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2020 que reforzará os medios aéreos, cun incremento de capacidade de transporte auga, e se adaptará ás condicións establecidas pola emerxencia sanitaria, coa incorporación dos protocolos necesarios para garantir o traballo do persoal en condicións óptimas de seguridade e hixiene.
Entre as novidades, este documento –que foi aprobado polo Consello da Xunta do pasado 8 de maio– suporá un investimento de 30,5 millóns de euros para actuar, con traballos preventivos, en preto de 46.000 hectáreas e en case 5.800 quilómetros de pistas e estradas. Ademais, de prever a construción de 121 novos puntos de auga e o mantemento máis de 3.200 xa existentes.
Nesta planificación preventiva recóllense traballos silvícolas preventivos; a creación e mellora de infraestruturas de defensa; e intervencións de mellora da xestión forestal e das súas producións para incrementar o valor do monte e defender as vivendas fronte o lume. Actuacións que se iniciaron o 18 de maio e que se prolongarán, sempre e cando o permitan as condicións climatolóxicas, ata o 13 de xullo.
Destaca, no tocante aos avances tecnolóxicos a visualización actualizada de imaxes vía satélite, a compartición de pantalla entre varios usuarios, ou a implementación de formas ou siluetas provisionais de evolución do lume
En relación aos medios aéreos, destacou o incremento da capacidade de transporte de auga e sobre o dispositivo humano, o titular do Goberno galego aseverou que será moi semellante ao de anos anteriores, pero con maior presenza temporal dos efectivos sobre o territorio. Así, en total, estará integrado por máis de 7.000 persoas, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta como os adscritos a outras administracións. “Todos eles terán á súa disposición 360 motobombas”, dixo, avanzando a adquisición de 11 motobombas e a cesión doutras 5 a distintos concellos de Galicia.
Así mesmo, o despregue do persoal de terra reforzarase coa permanencia un mes máis dos efectivos fixos descontinuos –case 1.000 persoas-, que o ano pasado estiveron sobre o terreo cinco meses e nesta campaña van estar seis.
No tocante ás melloras tecnolóxicas, Feijóo destacou a visualización actualizada de imaxes vía satélite; a compartición de pantalla entre varios usuarios; ou a implementación de formas ou siluetas provisionais de evolución do lume.
Ademais, nas tablets coas que contan os axentes e técnicos se incluirán datos cartográficos actualizados, localización GPS dos recursos asignados, rutas de acceso seguidas polos primeiros recursos en chegar, información da evolución do lume; fotografía xeorreferenciada e capacidades de edición, información dos puntos de auga, etc.
Por outro banda, no texto tamén se actualiza a información relativa ás parroquias de alta actividade incendiaria, reducíndose o número en máis do 60%, ao pasar das 71 existentes en 2019 ás 28 deste ano.
O presidente da Xunta concluíu poñendo en valor o traballo voluntario dos bombeiros forestais e axentes ambientais do servizo durante a emerxencia sanitaria. Ao respecto, recordou que levaron a cabo arredor de 6.000 desinfeccións nos exteriores dos centros de saúde, residencias de maiores e discapacitados e outro tipo de instalacións en ata 200 concellos de menos de 5.000 habitantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21