Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 24 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A industria cultural mosense recibe o asesoramento e apoio da Xunta de Galicia

O Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniúronse esta semana coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e autónomos e empresas do municipio que traballan neste sector

O Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, da consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, reuniúronse esta semana  por videoconferencia coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coa concelleira mosense de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, coa edil de Educación e Emprego, Julia Loureiro, e con empresas e autónomos mosenses que se dedican ao sector da cultura.


O obxectivo desta xuntanza telemática foi que estas empresas e autónomos mosenses pertencentes a un dos sectores económicos que está a resultar máis damnificado pola crise do COVID-19, puidesen consultarlles dúbidas ao Director e Secretario Xerais e que estes, á súa vez, lles presentasen as iniciativas, medidas e axudas que desde a administración autonómica teñen en marcha para apoiar a este sector, que tanto esta a sufrir as consecuencias desta crise sanitaria.


Os particulares e colectivos presentes na reunión foron a cantante Uxía Senlle representando tamén a Malvela e María Fumaça, Reviravolta produccións incluíndo ás Maimiñas como grupo musical infantil e á escola de música MaiSon, a Escola de Música de Torroso, o gaiteiro Xulio Lorenzo, Micaela de M3, o cantante Antonio Barros, a cantante Ialma, Isaac Palacín da productora audiovisual Fermento, e Isaac González de márketing dixital e producción, entre outros asistentes membros do sector da industria cultural.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.