Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O conselleiro de Economía participa nun encontro virtual en Mos

Francisco Conde reuniuse onte por videoconferencia coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e 65 empresarios mosenses, nunha xuntanza coordinada e moderada por AEMOS

Onte  celebrouse por videoconceferencia unha reunión entre o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tecido empresarial mosense. A xuntanza foi coordinada e moderada por AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, e ademais do conselleiro e a rexedora local mosense asistiron o presidente dos Empresarios, Manuel Castro, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, o Director do Igape, Miguel Cividanes; e a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.


O encontro enfocouse baixo o título de ‘novos retos empresariais na era do COVID-19’ e participaron un total de 65 empresarios/as mosenses.


Entre as 65 empresas había tanto as que aínda permanecen pechadas porque non puideron retomar a actividade debido ao estado de alarma, as que están activas pero sufrindo a crise económica, as que se reinventaron enfocándose á producción de material para a prevención do COVID-19 e seguen a facer balance positivo… un esceario variado con todo tipo de casos e experiencias.


Durante o encontro tratouse sobre este novo esceario social e empresarial non previsto, derivado da crise sanitaria do COVID e os representantes das empresas de Mos tiveron ocasión de plantexar dúbidas respecto da nova situación.


Algúns dos temas de maior interese e máis recurrentes nos plantexamentos das empresas durante a reunión desta mañá foron os ERTES e suxestións e dúbidas respecto dalgúns aspectos da lexislación vixente que lles era complicado interpretar ou lles resultaban confusos.


Tamén tiveron especial protagonismo temas como o teletraballo e a dixitalización das empresas, entendéndose tanto o teletraballo como o comercio electrónico on line como ferramentas clave para a supervivencia empresarial nestes tempos. A maioría delas recoñeceu que tivo que madurar de xeito exprés durante estes dous últimos meses nestes aspectos, que foron a súa salvagarda e a forma de poder seguir activas e producindo.


Os representantes da Xunta de Galicia deron, pola súa banda, toda a información sobre liñas de subvencións para autónomos, PEMES e empresas vixentes, así como sobre axudas de financiación e manifestaron o total apoio da administración autonómica ao tecido empresarial mosense.


Concluiuse da xuntanza a vontade de colaboración total entre administracións e empresas, de arrimar todos a unha o ombreiro para saír pronto e reforzados desta crise derivada da pandemia do COVID-19.

 

As empresas participantes foron:

TECNIGAL INGENIERIA, S.L.

PADREIRO, S.L.

MABESOA, S.L.

UNIMATE ROBOTICA, S.L.

SABADELL GALLEGO

VIAJES MELYTOUR SL

PROX CONSULTORES

LITTLE ELECTRIC CARS / LITTLENERGY / MOVELCO

ENMACOSA

AFAMSA

DALOT

INFI CONSULTING GROUP

TECDISMA

RECICLAJES AVI

MOSMORELL SL

RODAVIGO, S.A.

TORMEAL S.L.

RION TOOLS, S.L.

DISEÑO E MODELADO DE SUPERFICIES, S.A. (DEMSU)

BENTELER AUTOMOTIVE VIGO, S.L.

ALGAMA DISTRIBUCIÓNS, S.L.

MECANIZADOS Y OXICORTES, S.L. (MECOXI)

ADRIMIAL FOOD, S.L.

BROKER MUNDIAL DE TURISMO, S.L.

CRISTAL SÍO, S.L.

ARTESANIA LA GALAICA, S.L.

ARTESANÍA GRANLEI, S.L.

CATERING LORENZO, S.L.

VISUALIZA DISEÑO Y ROTULACION

AUTNA, S.L.

MATERIAL LUDICO TAMEIGA, S.L.- LA JUNGLA

GALICIA DE GRAPAS Y CLAVOS, S.L.

TRANS 2005, S.L.

LUSANT FORMACION, S.L.

V.SONIDO

SABINCAR

AUTOS J. RIVADA R., S.L.U.

TALLERES PUXEIROS, S.L.

O CRUCEIRO

ALTRANS FAST CARGO, S.A.

CONSTRUCCIONES LOCEGON, S.L.

XESTION URBANISTICA DE OURENSE S.A.

ROUTVIGO, S.L.

PMA NUTRIGRAS, S.A.

ROUTVIGO, S.L.

GOYCAR GALICIA, S.L

VIÑEDOS DOS CELTAS, S.L.

EAR ABOGADOS

NEONARTE, S.L.

GESPROGA

WDIXITAL SPAIN SLU

TYM GANAIN, S.L.U.

MISUTONIDA

EXCLUSIVAS GLOBAL CONCEPT VIGO, S.A.

ALMACENES GENERALES RANDRADE S.L.

ARTESANÍA GRANLEI, S.L.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.