Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 26 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Reunión telemática co colectivo escolar dos CEIPs e Escolas Infantís mosenses

A alcaldesa, Nidia Arévalo, conectouse hoxe por videoconferencia cos/as directores/as dos 8 centros educativos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social e Igualdade, Julia Loureiro e Sara Cebreiro respectivamente, reuníronse esta mañá por videoconferencia dentro da ronda de xuntanzas telemáticas con todos os colectivos do municipio, cos/as directores/as dos 5 colexios públicos e das 3 Escolas Infantís A Galiña Azul mosenses.


Na xuntanza estiveron tamén presentes o secretario municipal e a técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais.


Os/as centros educativos presentes nesta xuntanza foron os CEIPs de Petelos, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso, Mestre Valverde Mayo, e Atín-Cela; e as Escolas Infantís A Galiña Azul da Porteliña, Cototorrón e Veigadañana.


Os dous temas fundamentais tratados durante a reunión foron os labores de limpeza e mantemento nos centros educativos. Respecto do mantemento as representantes municipais informaron de que os conserxes atópanse realizando estes días tarefas neste senso e que respecto dos protocolos de limpeza, número de operarios/as necesarios/as para cada centro e productos a utilizar iranse concretando cando se aproxime a posible data de reapertura dos centros. Así mesmo, os técnicos municipais informaron aos directores/as dos protocolos actualmente en vigor e puxéronse á súa disposición para asesoralos no que precisen respecto de circunstancias concretas de cada centro en cuestión.


Aproveitouse para lembrar tamén que estará aberto ata o vindeiro venres 29 de maio o prazo procedemento de adxudicación de prazas para as Escolas Infantís da Galiña Azul curso 2020/2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200515/AnuncioG1342-280420-0001_gl.html


Dada a situación de emerxencia sanitaria a causa do Covid -19 as solicitudes faranse preferiblemente por vía electrónica. As 3 escolas de Mos estan a disposición das/dos usuarias/os para calquer consulta e axuda nos centros sempre con cita previa. O horario de atención das escolas de Moso é de 09.00h a 14.00 horas.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.